Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de agosto de 2024

A partir do mércores 7 comezan os concertos nos escenarios da cidade, con Xoel López, Crystal Fighters ou Vetusta Morla na praia de Riazor

O Festival Noroeste Estrella Galicia dá o pistoletazo de saída á súa 37.ª edición, a máis extensa ata a data

As artes escénicas estréanse no festival cos espazos “Noroestiño” e “Contos ao Noroeste” con quince espectáculos diferentes

Mañá, luns 5 de agosto, A Coruña prepárase para abrir a 37.ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cun programa que abarca música e artes escénicas, e que se consolida como un dos eventos máis agardados do ano en Galicia. O Goberno de Inés Rey reforza así o liderado do Festival Noroeste Estrella Galicia como evento cultural de referencia no noroeste peninsular.

Nesta edición o festival dá un paso adiante ao incorporar as artes escénicas con estreas destacadas nas súas dúas liñas programáticas:, "Noroestiño" e "Contos ao Noroeste", sendo precisamente esta disciplina a protagonista da súa primeira xornada.

Vero Rilo e Luis Iglesias abrirán o Noroestiño mañá, luns 5 de agosto, na praza de Vigo ás 19.00 horas co espectáculo CACHO ANIMALADA!. Unha sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias. A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias.

Paralelamente, Avelino González actuará nos Xardíns de Méndez Núñez ás 19.00 horas para abrir os Contos ao Noroeste cun espectáculo baseado en historias de amor. O polifacético Avelino González sorprenderá cunha novidosa proposta de narración oral, teatro, audiovisual e humor no que mestura o vello co novo para falar de amor.

Ambos os espectáculos son de balde e abertos a todos os públicos.

Programación musical completa (por localizacións, días e horas)

A partir do mércores comezan os concertos nos diferentes escenarios repartidos pola cidade.

Mércores 7 - Diferentes localizacións

  • 13.00 h - Hormigonera (Campo da Leña)
  • 14.00 h - Travis Birds (Praza da Azcárraga)
  • 19.30 h - Leticia Rey Quintet (Castelo de San Antón)
  • 20.00 h - Patax (Praza da Azcárraga)
  • 20.30 h - Tiburona (Campo da Leña)
  • 21.00 h - Martin Kohlstedt (Castelo de San Antón)
  • 21.00 h - Lura (Santa Margarida)
  • 22.00 h - Zënzar (Campo da Leña)
  • 22.00 h - Ife Ogunjobi (Praza da Azcárraga)
  • 22.45 h - Salif Keita (Santa Margarida)
  • 23.30 h - Meu (Campo da Leña)
  • 00.00 h - Terrae (Santa Margarida)
  • 00.30 h - Martha High (Praza da Azcárraga)

Xoves 8 - Diferentes localizacións

  • 13.00 h - Lemot (Campo da Leña)
  • 14.00 h - Garufa Blue Devils Big Band (Praza da Azcárraga)
  • 19.30 h - Trío da Kali  (Castelo de San Antón)
  • 20.00 h - Virgina Red (Praza da Azcárraga)
  • 20.30 h - Zalomon Grass (Campo da Leña)
  • 21.00 h - Lapido  (Castelo de San Antón)
  • 21.00 h - Caamaño&Ameixeiras (Santa Margarida)
  • 22.00 h - Kamikaze Helmets (Campo da Leña)
  • 22.30 h - Imägo (Praza da Azcárraga)
  • 22.45 h - Bcuc (Santa Margarida)
  • 23.30 h - Repion (Campo da Leña)
  • 00.30 h - Chambao (Santa Margarida)
  • 00.30 h - Soul Teller (Praza da Azcárraga)

Venres 9 - Praia de Riazor

  • 21.15 h - Fillas de Cassandra
  • 22.30 h - Xoel López
  • 00.30 h - Crystal Fighters

Sábado 10 - Praia de Riazor

  • 21.00 h - Triángulo de Amor Bizarro
  • 23.00 h - Vetusta Morla
  • 01.00 h - The Rapants 

CONTOS AO NOROESTE 

Programación de balde

  • AVELINO GONZÁLEZ (5 agosto, 19.00 h -  Praza de Vigo)
  • ROI DA COSTA (6 agosto, 19.00 h -  Praza do Humor)
  • BEA CAMPOS (7 agosto, 19.00 h - Praza das Bárbaras)
  • PEPO SUEVOS (8 agosto, 19.00 h -  Praza de Pontevedra)
  • ATENEA GARCÍA (9 agosto, 19.00 h - Praza de Vigo)
  • LETI DA TABERNA (10 agosto, 13.00 h - Praza do Humor)
  • CELSO SANMARTÍN (10 agosto, 19.00 h - Praza do Humor)
  • MARITA MARTÍNEZ (11 agosto, 13.00 h, Praza de Pontevedra)
  • XOSÉ A. TOURIÑÁN, CARLOS BLANCO, DAVID PERDOMO, LUCÍA VEIGA - Domingo 11 agosto - 20.00 h - Parque de Santa Margarida

Entradas á venda aquí.

NOROESTIÑO

  • VERO RILO E LUIS IGLESIAS - 5 agosto
  • CÉ ORQUESTRA PANTASMA - 6 agosto
  • PACO CERDEIRA - 7 agosto
  • PACO NOGUEIRAS - 8 agosto
  • OS MONIFATES - 9 agosto
  • FRAN AMIL - 10 agosto

Programación de balde orientada ao público infantil, todos os días a partir das 19.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión