Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de noviembre de 2024

As familias interesadas xa poden realizar a súa prescripción a través do formulario habilitado na web municipal

O filme ‘Del revés’ de Pixar inspira a nova edición do programa ‘Durme no Fórum’

Terá lugar na noite do 30 de novembro ao 1 de decembro, con recollida a partir das 19.00 horas no Fórum Metropolitano

O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá o vindeiro 30 de novembro unha nova edición do programa 'Durme no Fórum', unha das actividades con máis éxito entre as familias coruñesas. O obxectivo é ofrecer aos máis pequenos unha noite de xogos e aventuras inspiradas na película 'Del revés' de Pixar, falando das emocións e realizando probas temáticas baseadas no propio filme.

Nenos e nenas de entre 6 e 11 anos poderán gozar da noite de aventuras do sábado 30 de novembro ao domingo 1 de decembro con diversas actividades temáticas programadas durante a xornada. A actividade comezará ás 19.00 horas do sábado, coa recepción dos nenos e nenas participantes e rematará ás 13.00 horas do domingo, logo da velada.

As familias interesadas xa poden realizar a súa prescripción dende hoxe, xoves 7 de novembro, e ata o venres 8 ás 20.00 horas través do formulario habilitado na web municipal. No mesmo formulario poderanse inscribir ata 4 aventureiros/as, participando co mesmo número de sorteos. No caso de irmáns, prégase que vaian no mesmo formulario para entrar ao sorteo co mesmo número.

En total, o Concello oferta 180 prazas para nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2018, que estean a cursar Educación Primaria, con 180 prazas dispoñibles. Deberán asistir con roupa e calzado cómodos, preferiblemente roupa deportiva. Tamén unha botella de auga individual para encher, artigos de aseo persoal e un saco de durmir. Opcionalmente poderá utilizarse unha esterilla.

A cota por participante é de 25 euros que inclúen a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes) e o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades. 

Calendario de publicación de prazas e pago da cota

O vindeiro luns 11 de novembro, ás 12.00 horas, publicarase a listaxe co número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureiros/as prescritos, podendo formular alegacións ate o martes 12 de novembro. O sorteo das prazas realizarase o mércores 13 no Fórum, ás 10.00 horas, e a relación de prazas adxudicadas publicarase o venres 15 ás 10.00 horas enviando posteriormente correo de confirmación da praza. As persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a listaxe da agarda.

Para formalizar a inscrición da praza, dende o 15 de novembro e ata o 18 de novembro ás 10.00 horas, as familias debería realizar o pago da cota por transferencia á conta núm ES76 2080 0036 6230 4002 1977 (ABANCA) e enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título "Durme no Fórum".

No caso de ser grupos de dous a catro integrantes independentes da unidade familiar, cada pai/nai ou titor/a legal poderá abonar a cota individual correspondente á praza sempre que identifiquen no correo co comprobante o nome do neno ou nena. Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión