Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xullo de 2024

O parque Europa acolle este domingo o mercado sostible municipal, con venda de produtos de proximidade, obradoiros infantís e música en directo

O Concello promove esta fin de semana unha ampla programación con actividades para todos os públicos. A xornada, que comezará ás 10.00 horas, rematará cun concerto de José Brea e Miguelón

O mercado sostible municipal volve mañá ás rúas da Coruña, cunha ampla programación de actividades para todos os públicos, adultos e crianzas, e que terán lugar no parque Europa, de 10.00 a 15.00 horas.

Como xa é habitual, diversos comercios e produtores de proximidade habilitarán os seus postos de venda. As propostas e produtos que estarán á disposición das persoas asistentes van en sintonía cos principios básicos de economía circular e compra sostible promovidos polo Concello, que aposta pola reutilización, reciclaxe e redución do consumo de recursos para contribuír a diminuír a contaminación ambiental e mitigar o impacto do cambio climático.

A isto sumaranse, ademais, propostas lúdicas e culturais para amenizar a mañá. Entre elas, un espazo de dinamización infantil ideado para as pequenas e pequenos, así como un obradoiro infantil no que as nenas e nenos aprenderán a elaborar xogos de boliche con materiais reciclados. A participación será de balde, con inscrición previa no propio mercado, a partir das 10.00 horas. Haberá 15 prazas dispoñibles.

Xa ao mediodía, entre as 13.00 e 14.00 horas, as persoas asistentes poderán gozar de música en directo coa actuación de José Brea e Miguelón, nunha actuación aberta ao público.

Os barrios, protagonistas no calendario dos mercados ata finais de ano

A programación dos mercados ecolóxicos e sostibles continuará nas vindeiras semanas en máis barrios da Coruña. Ademais de volver ao Campo da Leña, á praza da Tolerancia, en Labañou, e ao parque Europa, o calendario de eventos previstos ata finais de ano inclúe o desenvolvemento dos mercados no paseo das Pontes, a praza de Azcárraga, a praza de Vigo, o parque da Tirolesa de Novo Mesoiro e a praza de San Cristovo, nos Mallos.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey amplía o radio de acción desta iniciativa a máis distritos da cidade, baseándose na boa experiencia recollida polos mercados ecolóxicos municipais nas súas localizacións habituais e atendendo tamén ás propias solicitudes da veciñanza dos diversos barrios da Coruña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión