6 de novembro de 2024
Todas as actividades están orientadas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos previa inscrición ate o día antes da realización da actividade
A primeira terá lugar este venres 8 de novembro de 20.00 a 21.00 horas, cunha partida especial do popular xogo ‘Cluedo’
O Espazo Xuvenil 'O Remanso' recibe este mes de novembro cunha nova programación mensual deseñada polas persoas usuarias do centro, organizando cinco actividades temáticas durante todo o mes. O Goberno de Inés Rey puxo en marcha o espazo como punto de reunión da mocidade coruñesa, ofertándolle alternativas de ocio saudables e combatendo a soidade non desexada.
A programación comeza este venres 8 de novembro cunha partida especial do popular xogo 'Cluedo', baixo o título "Conspiración", na que os mozos e mozas terán que descubrir quen é o asasino ou asasina da partida. Continuará o sábado 9, de 18.00 a 21.00 horas, tamén cun xogo moi popular entre a mocidade. O 'Just dance!' chega ao Remanso para poñer ás persoas que participen a bailar, con competición de entre dúas a catro persoas.
A seguinte semana, o martes 12 de novembro, terá lugar unha edición das conversas en galego dende as 18.00 ás 19.30 horas. O obxectivo é promover uso da lingua entre a mocidade coruñesa, facendo fronte dunha forma lúdica ás últimas cifras sobre falantes en galego. Xa o 22 de novembro terá lugar un obradoiro de scrapbooking, no que aprender a crear o seu propio mini álmbum de fotografías. A proxección do filme 'A pantasma da ópera' pechará a programación de novembro, no marco do II Ciclo de Cine de Terror, o mércores 27 de novembro ás 19.30 horas..
Todas as actividades están orientadas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos previa inscrición ate o día antes da realización da actividade, ben no Remanso ou chamando ao número 621183038.
20 de novembro de 2024
18 de novembro de 2024
14 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible