Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2020

Os blogs de "Xaque ao virus" recibiron máis de 35.000 visitas na última semana

Un estudo realizado para valorar esta proposta de lecer informa de que do 30 de marzo ao 5 de abril formuláronselles ás familias un total de 30 retos

En concreto, o nivel de participación foi de 37.370 visitas realizadas aos blogs desde o 30 de marzo ao 5 de abril.

En canto á resposta das familias, na última semana formuláronse un total de 30 retos. As familias podían participar respondendo a calquera das 2 probas ou a ambas, se así o desexaban. As respostas serían enviadas ao enderezo do correo electrónico de cada blog en forma de texto ou imaxe, o que lle puntuaba 1 punto, ou ben en vídeo, o que lle proporcionará 10 puntos para o seu colexio. Se no vídeo se implicaba outra persoa membro da familia puntuábase como un vídeo dobre.

As respostas recibidas nesta segunda semana entre todos os centros reflectiron un total de 698 participacións, e foi claramente superior a resposta en forma de vídeo como opción elixida polas familias.

O XOGO

O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas para superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

  • Proba Corpo en forma: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer na casa.
  • Proba Mente en forma: serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. Dispós de 36 horas para realizar cada reto.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión