15 de novembro de 2023
O evento, organizado por UNICEF, terá lugar no Carballiño este fin de semana
Esta fin de semana, catro integrantes do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) participarán no III Encontro Galego de Consellos de participación Infantil e adolescentes, organizado por UNICEF, no Carballiño.
A xornada empezará ás 10.00 horas do sábado e terminará o domingo ás 15.30 horas. Durante ese tempo traballarase, como temática central, na protección e a prevención da violencia contra a infancia e a adolescencia, no marco da actividade "O mural dos dereitos" proposta por Cidades Amigas da Infancia para celebrar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro).
Aquí poderás atopar máis información sobre esta iniciativa de UNICEF.
20 de novembro de 2024
20 de novembro de 2024
15 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible