Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de setembro de 2024

As persoas que desexen participar poden realizar a inscrición ate o próximo domingo día 8 setembro na web www.corunacorre.gal

Última semana para inscribirse na carreira popular Matogrande-Xuxán, do circuíto Coruña Corre

Máis de mil persoas formalizaron xa súa inscrición nas diferentes categorías para a proba que nesta edición incorporará o barrio de Xuxán

Última semana para inscribirse no circuíto Matogrande-Xuxán, quinta proba da XI edición do Coruña Corre. Máis de mil persoas formalizaron xa súa inscrición nas diferentes categorías para a proba. Nesta VIII edición, o circuíto incorpora o barrio de Xuxán cumprindo o compromiso do Goberno de Inés Rey para incluír o barrio no circuíto de carreiras populares.

A carreira celebrarase o vindeiro 15 de setembro e as persoas que o desexen poden inscribirse nas diferentes categorías ate o domingo 8 de setembro a través da web www.corunacorre.gal. O prezo é de 3 euros de inscrición e 2 euros polo chip refugable. No caso de persoas en situación de desemprego, maiores de 65 anos ou Carné Xove, o prezo é de 3 euros en total. Os menores poderán inscribirse de forma gratuíta. As persoas abonadas ao circuíto completo Coruña Corre poderán confirmar a súa asistencia mediante o formulario dispoñible na web.

O trazado da carreira popular de Matogrande, cun percorrido total de 6.640 metros, terá o seu punto de inicio na rúa Sebastián Martínez Risco, na contorna do colexio Liceo La Paz. Como novidade este ano a carreira transcorrerá, ademais de polo Campus Universitario de Elviña e o barrio de Matogrande, polo barrio de Xuxán, onde se percorrerán os últimos 2 quilómetros da proba.

Como é habitual, contará cunha proba absoluta e percorridos adaptados para categorías inferiores sub 18 e sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10; e sub 8 ou peques. Á conclusión destas, levarase a cabo a entrega de medallas no palco habilitado nas instalacións do Liceo La Paz. A primeira proba terá lugar ás 10.00 horas, con entrega de premios ás 11.00 horas. A partir das 11.15 horas realizaranse o resto de probas con entrega de premios arredor das 13.00 horas.

Datas do circuíto Coruña Corre

Co desenvolvemento da carreira popular de Matogrande, o circuíto Coruña Corre encara a recta final da programación de datas para esta edición. Estas son as vindeiras datas previstas:

  • VIII Carreira Popular de Matogrande-Xuxán: 15 de setembro.
  • IX Carreira Popular do Ventorrillo: 20 de outubro.
  • XII Carreira Popular de Novo Mesoiro: 24 de novembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión