Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de decembro de 2024

Últimas entradas á venda para asistir ás dúas funcións de ‘Yerma’ previstas esta fin de semana no Teatro Rosalía de Castro

A programación de outono do Ciclo Principal chega xa á súa recta final. ‘Yerma’, baseada no texto de Federico García Lorca, será o penúltimo espectáculo desta tempada, que concluirá a finais de mes con Albert Pla

A programación de outono-inverno do Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro encara xa a súa recta final. Tanto este venres 20 como o sábado 21, as táboas do teatro acollerán o penúltimo dos espectáculos previstos, 'Yerma', da compañía La Dramática Errante, que asina a adaptación libre do texto de Lorca e a dirección da montaxe.

Goiricelaya, dramaturga e actriz bilbaína, que acadou o Premio Max 2023 á mellor adaptación teatral por 'Yerma', codirixe a compañía vasca La Dramática Errante, que coproduce a montaxe xunto á actriz Ane Pikaza, quen personifica a unha reputada artista vasca, nos seus trinta e tantos anos, á que a súa esterilidade porá en xaque a súa identidade e felicidade. Esta personaxe levou a Pikaza a ser finalista na categoría de actriz protagonista nos últimos Premios Max.

Tamén forman parte do elenco os intérpretes Aitor Borobia, Leire Orbe e Unai Izquierdo, representantes da nova e talentosa fornada de profesionais das artes escénicas que emerxe en Euskadi, acompañados nesta ocasión por unha actriz de referencia da escena vasca desde hai cinco décadas, Loli Astoreka.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a non perder este penúltimo espectáculo do Ciclo Principal nesta tempada de outono, celebrando a boa acollida da programación nestas últimas semanas no Teatro Rosalía de Castro. O calendario de actuacións previsto polo Concello rematará o 28 de decembro con Albert Pla.

Haberá funcións de 'Yerma' tanto este venres como o sábado ás 20.30 horas. Cómpre lembrar que xa están á venda as últimas entradas de cara a esta fin de semana. Pódense adquirir a través da páxina web de Ataquilla, así como no despacho de billetes da praza de Ourense (aberto de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 horas) e no despacho de billetes do Teatro Rosalía de Castro (aberto os días de función das 16.00 ás 20.00 horas).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión