Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de octubre de 2024

Wenceslao Fernández Flórez, figura escollida polo Concello para a homenaxe do Día de Todos os Santos

Tamén se recordará a Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal, fundadores da editorial Lar en novembro do 1924, hai un século

O Concello da Coruña levará a cabo este venres día 1 de novembro a tradicional ofrenda floral de Todos os Santos, no Cemiterio Municipal de Santo Amaro. Wenceslao Fernández Flórez foi a figura escollida polo Concello para a homenaxe coincidindo co 60 aniversario do seu falecemento. "Fernández Florez é unha das figuras que mellor explica a identidade coruñesa, cultivando as letras dende diferentes perspectivas, ben como xornalista ou novelista, regalándonos mesmo obras que pasaron á historia do cine español como 'O Bosque Animado'", explicou a alcaldesa, Inés Rey.

O Concello tamén lembrará a Ánxel Casal e a Leandro Carré Alvarellos, fundadores da editorial Lar no ano 1924 e que este mes de novembro cumpre 100 anos da súa fundación. "Leandro Carré e Ánxel Casal fundaron hai un século unha editorial considerada o primeiro proxecto moderno en clave galega, froito da traxectoria galeguista cultivada na nosa cidade en tertulias como A Cova Céltica", sinalou Rey. A rexedora destacou que a primeira publicación da editorial Lar, posteriormente editorial Nós, foi o título 'A miña muller', novela de Wenceslao Fernández Flórez: "É unha casualidade pero que precisamente mostra a tradición e historia coruñesa, con grandes ilustres que contribuíron a construir a nosa cultura". Ánxel Casal foi, ademais, alcalde de Santiago de Compostela e vítima do franquismo, represaliado e asasinado no 1936 polo réxime.

Inés Rey presidirá a cerimonia solemne que comezará, como cada ano, na Cruz dos Esquecidos, desta vez coa actuación de Coral Polifónica 'El Eco'. O percorrido rematará coa tradicional ofrenda no monumento aos Mártires pola Liberdade, en recordo a todas as vítimas do franquismo na Coruña.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión