A Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, e é o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses.
O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
EXPOSICIÓNS
> BOCADOS
Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñerlles fin á fame e á malnutrición antes de 2030.
> XOGO DE NEURONAS
Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.
> XENÉTICA
Investiga que é a enxeñaría xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descubre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades das persoas visitantes arredor dun tema científico de continua actualidade.
> EVOLUCIÓN
Descubre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e as persoas investigadoras de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?
ESPAZOS SINGULARES
> LABORATORIO ABERTO
O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus con obradoiros e actividades dirixidas a grupos escolares.
> maker@domus
maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo/a. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans. Para grupos escolares.
Consulta os obradoiros dispoñibles na lapela de actividades da Domus da nosa sección « Visitas escolares »
CINEMA
Na sala Leonardo da Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.
A entrada á sesión de cinema é gratuíta. Está incluída no prezo da entrada ao museo e suxeita á dispoñibilidade do espazo.
HORARIO
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*
Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
25 de decembro: pechado
ENTRADAS
>> As entradas adquírense na recepción da Domus.
Se queres mercar entradas con antelación, pódelo facer aquí. Nestes momentos só se poden mercar entradas de tarifa xeral. As entradas de tarifa reducida, gratuíta, Bono 3 Casas e Tarxetas Vente débense comprar na recepción do museo.
> Xeral: 2,06 euros
> Reducida*: 1,03 euros
*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12,36 euros
> Tarxeta Vente: 20,60 euros
> Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros
*Menores de 16 anos e maiores de 65.
VISITAS ESCOLARES
Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible