OFERTA ESCOLAR CURSO 2024/2025
CASA DAS CIENCIAS
O novo planetario dixital ofrece mellor calidade de imaxe e recursos espectaculares para viaxar polo sistema solar ou explorar as profundidades do universo. E por suposto, para coñecer os segredos na noite estrelada tal e como a vemos dende a Terra.
Hazelnuts. A historia relata como dous esquíos, Nino e Lilli, farían calquera cousa por conseguir abelás (hazelnuts, en inglés). E máis aínda por conseguir superabelás, que é o que cren que haberá nos brillantes planetas que poden ver todas as noites no firmamento. Así que se embarcan nunha aventura para tentar alcanzalos. Duración: 25 minutos. Idade: de 4 a 7 anos.
Biosfera escura. Un percorrido polos descubrimentos máis recentes sobre a emerxencia da vida no universo, desde os organismos que habitan no interior da Terra e nunca entran en contacto coa luz do Sol ata as lúas xeadas de Júpiter e Saturno e os confíns da nosa galaxia. Duración: 28 minutos. Idade: maiores de 10 anos.
Dispoñemos doutros programas adaptados a calquera nivel.
DOMUS
«Claqueta científica». Asómate á pantalla xigante da Domus. Gratuíto.
Ofrécense estes títulos:
Planeta fráxil. NOVO. Deixa atrás o planeta Terra e voa ata os confíns do Universo. Frota a través da atmosfera terrestre e goza como ve un astronauta o teu fogar, o único planeta que actualmente alberga vida. A continuación, viaxa á Lúa, Marte e mesmo máis aló da Vía Láctea en busca de hábitats que poidan albergar vida extraterrestre. Aínda que a maioría deses mundos estarían demasiado lonxe para que os humanos os visitasen. Por tanto, depende de nós garantir a continuidade da vida na Terra, o noso único fogar. Unha película da California Academy of Sciences. Duración: 25 minutos. Versión en inglés con subtítulos en español. Nivel educativo: 5.º e 6.º de educación primaria, educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
TALLERES E ACTIVIDADES
>> LABORATORIO ABERTO
Un espazo para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os/as científicos/as no seu día a día, desde micropipetas a centrifugadoras, pasando por axitadores, básculas, tubos e moito máis.
A capacidade máxima é de 30 persoas por taller
>> ESPAZO MAKER@DOMUS
O espazo da Domus para experimentar a cultura maker, aprender tecnoloxía con materiais sinxelos e sobre todo con moita imaxinación. Unha oportunidade única para «pensar coas mans».
Impartimos os talleres adaptándoos ás necesidades, coñecementos e habilidades de cada grupo e de cada alumna e alumno.
Ademais destes talleres "listos para usar", o profesorado interesado noutros talleres ou temáticas concretas pode poñerse en contacto co equipo de maker@domus para estudar outras posibles opcións.
Dispoñibles os seguintes talleres "listos para usar":
AQUARIUM FINISTERRAE
SALA MAREMAGNUM. Ademais de grandes acuarios, contén decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas. Seguimos renovando os seus contidos, como o tanque cilíndrico, o acuario de augas profundas e a OceanoSfera (proxector esférico que permite simular fenómenos naturais a escala planetaria).
NOVO. Leva o póster "Preguntas indiscretas do acuario".
Só tes que traernos e entregar en recepción un conxunto de preguntas que o teu alumnado fai na aula e que están relacionadas coa crise ambiental , especialmente a mariña, que estamos a vivir.
SALA ISABEL CASTELO
«Fotografías da natureza 2024». NOVO. Contén as fotografías galardoadas na última edición do concurso «GDT European Wildlife Photographer of the Year». De xuño a decembro de 2024.
«A pegada do desxeo». NOVO. Unha exposición fotográfica que comeza mostrando as paisaxes de xeo formadas nunha época inmemorial e que camiñan cara á desaparición. De xaneiro a xuño de 2025.
SALA HUMBOLDT
«Sexo azul». Presenta unha selección curiosa e divertida de especies que representan a variedade de estratexias reprodutivas dos animais acuáticos. Está formada por 20 módulos que inclúen dez acuarios nos que se mostran peixes e invertebrados mariños especialmente elixidos.
CORREDOR LÓPEZ SEOANE
Contén exposicións fotográficas sobre historia natural cuxo contido cambia periodicamente.
NOVO. Comezamos o curso coa exposición fotográfica titulada «De auga e terra» sobre anfibios galegos; os anfibios son o grupo zoolóxico máis ameazado do planeta.
SALA NAUTILUS
Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra a do gabinete do capitán Nemo a bordo do Nautilus. Arredor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e chernas. Tamén hai bancos de xardas e xurelos.
EXTERIORES
Neles exponse a áncora do petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules e provocou unha marea negra; e nas piscinas viven tres machos e oito femias de Phoca vitulina.
Os grupos escolares poderán reservar unha visita libre ao Aquarium ou complementala con algún dos nosos itinerarios e talleres.
Se o grupo se atrasa máis de 15 minutos na hora de chegada, perde a opción de realizar o itinerario escollido.
ITINERARIOS XERAIS
ITINERARIOS TEMÁTICOS.
TALLERES
Preséntanse aspectos curiosos da bioloxía das quenllas e do seu estado de conservación. Para abordar a reprodución destas especies visítase o módulo onde se observa o desenvolvemento embrionario. Termina cunha visita ao Nautilus para identificar e recoñecer as cinco especies de quenllas que mantemos no acuario. Duración: 60 minutos. Nivel educativo: todos os niveis educativos. Grupos de 25 persoas como máximo.
Normas xerais das visitas
Ao acceder ao museo, a persoa responsable do grupo dirixirase á recepción para a organización da visita. Mentres tanto, o grupo deberá permanecer no exterior ou no espazo indicado polo persoal de atención ao público.
O persoal docente acompañante será o responsable do cumprimento das normas da visita aos Museos Científicos Coruñeses.
>> INFORMACIÓN ADICIONAL
Prezos
Os grupos escolares gozan de importantes descontos no acceso aos Museos Científicos Coruñeses.
Taxas vixentes ata o 31.12.2024 segundo a Ordenanza fiscal núm. 16 do Concello da Coruña
> Gratuíto *
* A gratuidade aplícase aos grupos que fagan reserva previa nalgún destes casos:
Grupos de centros educativos do Concello da Coruña
Grupos que nos visiten en xaneiro e febreiro
Centros membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
Profesorado que acompaña o grupo escolar
Alumnado con discapacidade física ou psíquica
Grupos cuxo profesorado acompañante o día da visita asistise a unha reunión de preparación previa.
Menores de 4 anos
> Tarifa reducida*
Casa das Ciencias 1,03 €
Planetario 1,03 €
Domus 1,03 €
Aquarium Finisterrae 4,12 €
*A tarifa reducida aplícase aos grupos que fagan reserva previa e non se axusten a ningún dos casos de gratuidade do apartado anterior.
Se se visitan os tres museos o mesmo día, a sesión de planetario é gratis.
> Xornadas de portas abertas
Os tres museos son gratuítos estes días do curso 2024/2025:
Onde comer?
Traede a vosa comida ao picnic da Domus. Haberá catro quendas de luns a venres, ás 12.00, 13.00, 14.00 e 15.00 horas para unha capacidade máxima de 80 persoas.
Este curso dispoñemos dun comedor para as visitas escolares cunha capacidade para 80 persoas.
Pode reservarse en dúas quendas das 13.00 ás 13.45 horas e das 14.00 ás 14.45 horas.
A asignación do uso e quenda de comedor, tanto da Domus como do Aquarium Finisterrae, estarán suxeitos á dispoñibilidade do espazo na data solicitada.
Como reservar?
1. Escolle as visitas e/ou actividades que queres levar a cabo co teu grupo escolar nos Museos Científicos Coruñeses.
2. Enche a folla de reserva que podes descargar ao final desta páxina web. Neste proceso podes seguir unha destas dúas opcións:
3. Envíanos a folla de reserva correspondente cuberta a través deste enderezo de correo electrónico:
> Importante
A reserva só quedará formalizada cando comuniquemos a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita e o programa detallado.
> Máis información:
Teléfono: 981 189 848
Correo electrónico: reservas@casaciencias.org
6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
4 de novembro de 2024
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana
4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán algo menos dunha decena de crías de galiña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible