Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo de atención telefónica 010

Servizo de atención telefónica 010

O servizo de información e atención telefónica ao cidadán - Teléfono 010 - ten por misión ser a porta de acceso á satisfacción eficiente da demanda cidadá respecto da información sobre a cidade e os seus servizos, así como á realización de trámites municipais. polas diferentes canles ao seu alcance, coa vocación de que o modelo de atención desenvolvido sexa un referente na contorna pública.

Este servizo trata de avanzar na mellora das funcións municipais ofrecendo a posibilidade de realizar xestións sen necesidade de desprazamentos, con tres obxectivos estratéxicos:

  • Conseguir unha Administración máis transparente, eficaz e próxima á cidadanía.
  • Lograr un alto nivel de eficiencia na resolución das demandas que lle competen.
  • Mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Compono un equipo de traballo dinámico, cunha linguaxe clara e personalizada, disposto a facilitarlle información e trámites administrativos.

Chamada sen custo para as persoas usuarias

Se comproba que o seu operador de telefonía lle aplica algún cargo na súa facturación pola utilización deste servizo, diríxase a el para presentar a oportuna reclamación. O Concello é totalmente alleo a esa actuación.

Para maior información

O 010 ten vocación de globalidade polo que o descoñecemento da resposta dunha solicitude de información cidadá dará lugar a un proceso de procura para resolver a dúbida.

Información xeral sobre:

  • Organización política e administrativa do Concello da Coruña
  • Procedementos e trámites municipais
  • Oferta de emprego público municipal
  • Directorio municipal postal e telefónico
  • Temas xestionados por outras administracións
  • Axenda da Coruña que inclúe a actualidade da cidade: actos institucionais, exposicións, actos deportivos, cinema, congresos, xornadas, cursos, feiras, teatro, espectáculos, festas, conferencias, concertos...
  • Direccións de interese: asociacións, administracións, colexios, fundacións, galerías de arte, museos, bibliotecas...
  • Rueiro da cidade e liñas de transporte público
  • Contido da web municipal e doutras administracións

Trámites municipais:

  • Recepción telefónica de incidencias na vía pública
  • Recollida de voluminosos - mobles usados -
  • Duplicados de recibos tributarios en recadación voluntaria
  • Trámites en liña dispoñibles na web municipal

Como funciona?

  • Marcando o 010 - soamente desde a cidade da Coruña -

  • Marcando o 981 184 278 - para chamadas efectuadas fóra do termo municipal -

  • Desde o seu computador ou dispositivo móbil

Está dispoñible un sistema de videointerpretación en lingua de signos que facilita a comunicación entre persoas xordas e oíntes

Consulta se o desexas máis información sobre o Servizo de atención telefónica 010

Horario 010

Excepto festivos

  • De luns a venres, das 8.00 ás 20.30 h
  • Sábados, de 9.00 a 14.00 h
  • Sistema de videointerpretación en lingua de signos: de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión