De martes a sábado das 10.00 ás 13.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas
Domingo, luns e festivos pechado
Entrada gratuíta
Casa Museo destinada a difundir a figura da heroína coruñesa. María Pita loitou contra a Armada Inglesa en 1589 capitaneada por Francis Drake e a súa xesta liberou a cidade da invasión.
A través do percorrido polo museo, ademais de coñecer de primeira man a vida da heroína coruñesa, ofrécese un repaso da realidade histórica dos séculos XVI e XVII na Coruña.
Planta baixa: recreación da casa de María Pita, a vella: nesta sala podemos contemplar a reconstrución de dúas das estancias da vivenda, a tenda que se atopaba no baixo e o dormitorio principal, así como unha breve descrición das vivencias de María Pita.
Sala 1: o Reino de Galicia nos séculos XVI-XVII: esta sala ten carácter introdutorio, pensado para lles ofrecer ás persoas visitantes unha serie de informacións básicas sobre a situación de Galicia nos séculos XVI e XVII e algúns dos cambios experimentados nese tempo.
Sala 2: a morfoloxía urbana da Coruña nos séculos XVI e XVII: nesta sala descríbese a distribución urbana, económica e social da cidade naquela época.
Sala 3: o enfrontamento hispano-inglés: esta sala analiza as relacións entre España e Inglaterra e os factores que acabaron desembocando no ataque á cidade da Coruña en 1589.
O museo acolle tamén exposicións temporais.
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Multimedia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible