Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Casa Museo María Pita

Enderezo:

Rúa Herrerías 28. 15001 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 981 189 853

Horario:

  • De martes a sábado das 10.00 ás 13.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas

  • Domingo, luns e festivos pechado

Prezo / Custo:

Entrada gratuíta

Casa Museo destinada a difundir a figura da heroína coruñesa. María Pita loitou contra a Armada Inglesa en 1589 capitaneada por Francis Drake e a súa xesta liberou a cidade da invasión.

A través do percorrido polo museo, ademais de coñecer de primeira man a vida da heroína coruñesa, ofrécese un repaso da realidade histórica dos séculos XVI e XVII na Coruña.

Planta baixa: recreación da casa de María Pita, a vella: nesta sala podemos contemplar a reconstrución de dúas das estancias da vivenda, a tenda que se atopaba no baixo e o dormitorio principal, así como unha breve descrición das vivencias de María Pita.

Sala 1: o Reino de Galicia nos séculos XVI-XVII: esta sala ten carácter introdutorio, pensado para lles ofrecer ás persoas visitantes unha serie de informacións básicas sobre a situación de Galicia nos séculos XVI e XVII e algúns dos cambios experimentados nese tempo.

Sala 2: a morfoloxía urbana da Coruña nos séculos XVI e XVII: nesta sala descríbese a distribución urbana, económica e social da cidade naquela época.

Sala 3: o enfrontamento hispano-inglés: esta sala analiza as relacións entre España e Inglaterra e os factores que acabaron desembocando no ataque á cidade da Coruña en 1589.

O museo acolle tamén exposicións temporais.

Documentos relacionados

  • Dosier Casa Museo María Pita _galego (184 KB)
  • Dosier Casa Museo María Pita _castelán (183 KB)
  • Dosier Casa Museo María Pita _inglés (183 KB)
  • Solicitude de reserva de visita ás Casas Museo Grupos escolares (308 KB)

Multimedia

  • Visita virtual á Casa Museo María Pita

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión