Localiza o mercado no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos esta información serache útil:
Liñas de bus urbano: Juana de Vega 21 / Praza de Pontevedra 3 e 7 / Praza de Galicia 4 e 11
Aparcadoiro, WIFI e adaptado a persoas con mobilidade reducida
8.00 a 15.30 h
O 9 de abril de 1910 inaugurábase na praza de Lugo o mercado tradicional de abastos de Eusebio da Guarda.
O filántropo Eusebio da Guarda deixou dito nun dos apartados do seu testamento (25 de xaneiro de 1897) que tras lles dar fin ás obras do Grupo Escolar que se estaban efectuando, as súas irmás e herdeiras investisen 200.000 pesetas e a construción dun mercado de ferro na praza de Lugo, para o que o Concello debía ceder o terreo que alí estaba explanado.
Así, no ano 1900, e unha vez que se finalizaron as obras das escolas, o Concello comezou as súas negociacións con Rosa e Luisa Da Guarda para cumprir a vontade do seu irmán, tomando a decisión de que o legado se investiría no corpo central do edificio, e que a cargo do municipio correrían a edificación dos corpos norte e sur do dito edificio. O custo total ascendeu a 600.000 pesetas.
O arquitecto Pedro Mariño foi o autor do proxecto e comezaron as obras no ano 1901. No moderno mercado había mármores, mosaicos, marquesiñas, ferraxes artísticas, numerosos rexistros de auga, desaugadoiros e a luz que penetraba directamente polas cristaleiras.
O pavillón central tiña 52 postos, que se destinaban exclusivamente á venda de peixe fresco, mentres que os pavillóns laterais dispoñían de 45 postos cada un, onde se venderían legumes, pan, ovos, galiñas ou carnes de porco e vacún. Nas marquesiñas distribuíronse outros 28 postos máis para verduras, flores, froitas e outros artigos.
A inauguración das novas instalacións foi presidida polo entón alcalde da cidade, o señor Folla Yordi, acompañado polo primeiro tenente de alcalde, Lens Viera, e a irmá do benfeitor Rosa da Guarda.
A pesar da beleza arquitectónica do edificio, o mercado da Guarda foise quedando pequeno para o barrio ao que daba servizo e optouse pola súa demolición por partes. A nave central foi a primeira en ser substituída por outra máis funcional, pero non demasiado estética, que comezou a funcionar a finais de 1958. Máis tarde edificaríanse os corpos norte e sur que substituirían na década dos sesenta o edificio que acaba de derruírse.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible