Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña tardes

  • Arte e cultura no centro 2023-24

    O programa de "Arte e Cultura no Centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".

  • Campacoles 2023-24

    A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña.

  • Cóxegas 2023-24

    O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante o mes de setembro.

    Actividades relacionadas

  • Deporte no centro 2023-24

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

  • Idiomas no centro 2023-24

    A actividade de lecer "Idiomas no centro", é unha proposta centrada nas linguas estranxeiras, co fin de ofrecer unha vertente máis lúdica do achegamento ás mesmas. Organízase a través de dúas propostas diferenciadas: ENGLISH LAB (inglés) e ON PARLE (francés).

  • Natación escolar 2023 24

    O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta para escolares dos centros educativos públicos da cidade o programa de Natación Escolar co fin de posibilitar que os escolares da cidade gocen dunha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das súas técnicas de natación.

resultados 6

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión