Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña orienta

  • Inicia 2023-24

    Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de ciclos formativos e educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a titorización/mentorización de proxectos empresariais, servindo de apoio e complemento ao persoal docente dos centros.

    O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.

  • Semente 2023-24

    Programa educativo que pretende fomentar os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.

  • Seminarios de motivación para a procura de emprego 2023-24

    Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxecto de posibilitar que os estudantes de FP dos Institutos de Ensino Secundario do municipio, dispoñan da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.

  • Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024)

    As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

    Organizadas como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

    O alumnado asistente e o profesorado dos departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de educación secundaria, Formación Profesional, estudos superiores e universitarios, así como recursos de procura de emprego.

resultados 4

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión