Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña saúde

  • A máscara das drogas 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables a respecto do consumo de substancias en xeral e do consumo de alcohol e cannabis en particular.

  • A mellor estratexia de xogo 2023-24

    Obradoiro que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da Internet 2023-24

    Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • Con-tacto con palabras: promoción da saúde mental no ámbito escolar 2023-24

    Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións... e a súa incorporación de forma saudable no seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.

  • Enredos na rede 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto favorecer decisións saudables no uso adecuado das redes e valorar a súa influencia nos comportamentos propios e alleos

  • Fuga de cerebros: habilidades sociais fronte ás adiccións 2023-24

    Obradoiro para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables, que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de substancias adictivas.

  • Infiltrados/as na rede 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto facilitar información obxectiva para promover a análise sobre a influencia das redes sociais no comportamento e fomentar o seu uso dunha forma adecuada e sen riscos.

  • Iso xa non é unha broma: prevención de acoso escolar e ciberacoso 2023-24

    Obradoiro que promove as habilidades persoais e o traballo cooperativo de quen participa, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de ciberacoso e acoso escolar.

  • O valor do “Non, eu paso!” 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de substancias e a xestión de posibles situacións de risco.

  • Obradoiro de prevención no uso da internet, redes sociais e xogos interactivos 2023-24

    Este obradoiro ten como obxectivo a prevención do uso inadecuado de redes sociais e xogos interactivos, así como a súa derivación en condutas de risco asociadas (ludopatía).

  • Prevención, abordaxe e xestión de conflitos 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de substancias adictivas e alcohol en particular.

  • Primeiros auxilios nos centros 2023-24

    Charlas de primeiros auxilios orientadas ao alumnado dos centros educativos e aos seus docentes.

  • Videoxogos e o seu dominio 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto promover a toma de decisións saudables no uso das redes sociais e os videoxogos, cunha metodoloxía baseada no uso de actividades TRICs.

  • “Ti, eu e outros/as”. Prevención do consumo de alcohol e tabaco 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto fomentar hábitos saudables para previr o inicio de consumo de alcohol e tabaco.

resultados 14

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión