25 de abril de 2016
O evento terá lugar ás 11.30 h no Centro Municipal de Empresas da Grela.
A Área de Emprego e Empresa do Concello da Coruña celebra o vindeiro mércores 27 de abril, o VII Encontro de Presentación de Proxectos. O evento terá lugar ás 11.30 h no Centro Municipal de Empresas da Grela.
Con este encontro, conclúe o itinerario formativo do primeiro trimestre do 2016 dirixido a persoas emprendedoras e/ou novas empresas.
Neste acto, cada persoa emprendedora dispoñerá duns minutos de presentación para expoñer as características da idea de negocio, os obxectivos, a situación da que parte e a planificación necesaria para a posta en marcha da súa empresa.
As persoas participantes recibiron formación para a elaboración dun plan de empresa, as posibles liñas de financiamiento do seu proxecto, obrigas fiscais, coñecementos sobre márketing e redes sociais, así como a necesaria presenza na web para potenciar a visibilidade e o coñecemento por parte do mercado da súa iniciativa empresarial.
Así mesmo, as persoas emprendedoras foron formadas en habilidades comunicativas e en recursos propios das artes escénicas, con obxecto de poder levar a cabo unha presentación adecuada da súa idea empresarial.
Esperamos contar coa túa presenza.
Invitación VII encontro de presentación de proxectos (131 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible