Concello da Coruña

Concello da Coruña

Existen 12 despachos cunha superficie que vai dende os 10 ata os 16 m2, destinados á localización de novos proxectos empresariais ou de recente creación, para o desenvolvemento e exercicio da súa actividade.

Inclúese: subministración de auga potable, calefacción, enerxía eléctrica, evacuación de augas residuais, recollida selectiva de lixos (excepto residuos especiais) e servizos de conserxería.

Cesión de espazos municipais do Centro Municipal de Empresas con sede no antigo Igrexario da Grela para ser usados como oficinas polas empresas seleccionadas.

Planta baixa

Nesta planta os emprendedores/as dispoñen dun vestíbulo de entrada, conserxería, 4 despachos para empresas alí situadas, sala de reunións/formación, un salón de actos con capacidade para 70 persoas, dous despachos de consultoría, e un espazo común no patio traseiro da antiga ermida que dá acubillo ao Centro Municipal de Empresas.

Primeira planta

Na planta primeira localízanse 8 despachos para emprendedores/as e unha área común de descanso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión