Concello da Coruña

Concello da Coruña

Instalacións

Despachos

Existen 12 despachos cunha superficie que vai desde os 10 ata os 16 m2, destinados á localización de novos proxectos empresariais ou de recente creación, para o desenvolvemento e exercicio da súa actividade.

Inclúese: subministración de auga potable, calefacción, enerxía eléctrica, evacuación de augas residuais, recollida selectiva de lixos (excepto residuos especiais) e servizos de conserxería.

Zonas comúns e de espera

Entre outras: vestíbulo de acceso, recepción e secretaría, almacén, cuarto de instalacións, aseos.

Salón de actos

Unha contorna única que ocupa o espazo do que no seu día foi a capela do Igrexario da Grela Bens; actualmente reformada e habilitada para conferencias, xornadas, seminarios etc.

Sala de reunións / Aula de formación

Sala equipada con todo o necesario para a realización de cursos de formación, presentacións de produtos e/ou servizos, reunións etc.

Ademais, realizarase formación aos emprendedores/as instalados no Centro Municipal de Empresas na procura da idea empresarial e na consolidación da idea dun proxecto de empresa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión