Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campamentos Deportivos de Nadal - 2024/2025

Convocatoria para participar nos Campamentos Deportivos de Nadal 2024/2025, onde se realizarán actividades deportivas dirixidas por persoal especializado.

20 de novembro de 2024: CONVOCATORIA

A continuación, recóllese un resumo das bases da convocatoria que regula este procedemento. As bases completas pódense consultar no documento do pé da páxina.

PERSOAS DESTINATARIAS

Poboación infantil e xuvenil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (nados/as entre o 01/01/2012 e o 31/12/2018). Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, non os seus titores ou as súas titoras legais ou custodios.

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Os e as menores que desexen participar no campamento deberán ser autónomos e ter control de esfínteres.

PROGRAMA TIPO E HORARIO

HORARIO PROGRAMA TIPO
08.30-09.00 Chegada e recepción de participantes
09.00-10.30 Actividade deportiva I
10.30-12.00 Actividade deportiva II
12.00-12.30 Merenda (deberá ser achegada polos/as participantes)
12.30-14.00 Actividade deportiva III
14.00/14.30 Devolución e recollida de participantes

Actividades previstas: durante o desenvolvemento de cada quenda de campamento están previstas as actividades que se relacionan a continuación, susceptibles de variación por razóns organizativas e/ou de seguridade: atletismo, escalada deportiva, loita e defensa persoal, bádminton, esgrima, xadrez, carreira de orientación, xogos acuáticos, actividades na natureza ou no exterior.

Horarios:

  • Horario xeral das actividades: 09.00-14.00 h
  • Horario ampliado de conciliación:
    • Entrada: dende as 08.30 ata as 09.00 h
    • Saída: para elixir entre:
      • 14.00 h
      • 14.30 h

A opción de horario ampliado non supón un custo engadido.

LUGAR DE REALIZACIÓN

A sede principal será a Cidade Deportiva de Riazor. Poderanse realizar excursións e actividades en puntos de interese da cidade.

QUENDAS E PRAZAS

Establécense 2 quendas:

  • Quenda 1: 23, 24, 26 e 27 de decembro de 2024
  • Quenda 2: 30, 31 de decembro de 2024 e 2, 3 de xaneiro de 2025

Ofértanse un total de 144 prazas, organizadas en 72 prazas por quenda.

No formulario de solicitude deberase consignar a quenda á que queren asistir, por orde de preferencia.

PREZO

Aplicaranse as tarifas segundo a ordenanza fiscal en vigor (OF 15 art.6), e o prezo será de 35,04 € por persoa e quenda.

O horario ampliado non supón un custo engadido.

Redución de taxas: poderán obter unha redución do 50% na taxa relativa a campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.

CRITERIOS DE PREFERENCIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Para establecer a orde de preferencia para a adxudicación de prazas terase en conta:

  • 1º- As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  • 2º- A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
  • 3º- O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público.

As persoas admitidas na súa primeira opción de preferencia quedarán automaticamente excluídas para a adxudicación na súa segunda opción, e pasarán ao final da lista de espera.

As persoas que non obtivesen praza neste proceso pasarán a formar parte da lista de espera.

DATAS PARA TER EN CONTA

  • Presentación de solicitudes (PREINSCRICIÓNS): do 20 ao 24 de novembro de 2024 ás 23.59 horas, a través do formulario en liña.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes: 26 de novembro
  • Corrección de erros: desde a publicación da listaxe provisional e ata o 28 de novembro de 2024 ás 23.59 horas, enviando un correo electrónico a programasdeportivos@coruna.gal .
  • Publicación da listaxe definitiva para o sorteo: 29 de novembro de 2024
  • Sorteo (de ser necesario): 2 de decembro, ás 09.00 horas
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 3 de decembro de 2024, a partir das 14.00 h
  • Formalización da matrícula das persoas admitidas: do 5 ao 12 de decembro de 2024, telematicamente ou presencialmente, acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor das 08.15 ás 14.00 h.
  • Xestión da lista de espera: a partir do 16 de decembro de 2024

PREINSCRICIÓN

As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse do 20 ao 24 de novembro de 2024, a través do seguinte formulario:

Solicitude de preinscrición nos campamentos de Nadal

Non se admitirán preinscricións realizadas por outros medios.

Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia.

Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar, para unha mesma persoa, máis dunha solicitude, só se terá en conta a última e anularanse todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación das familias, no caso de que desexen optar á mesma quenda de campamento, deberán cubrir un único formulario de preinscrición (solicitude familiar), coa condición de que todos/as os/as menores sexan membros da mesma unidade familiar ou demostren convivencia no mesmo domicilio.

  • A solicitude familiar permite, nun mesmo formulario, a preinscrición de ata 3 menores. No caso de superar esta cifra, deberán cubrir outro formulario correlativo no tempo se desexan optar á mesma quenda.
  • No caso de que se presenten solicitudes-formularios diferentes non se garante a asistencia á mesma quenda, no caso de obter praza.

Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, por tanto só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula, se é o caso, os/as titores/as legais que teñan a custodia. No caso de custodia compartida, os interesados deberanse poñer de acordo previamente; no caso de non alcanzar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que será quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula.

EQUIPAMENTO E RECOMENDACIÓNS PARA PARTICIPANTES

  • Indumentaria: roupa e calzado deportivo e abrigo para as actividades exteriores. Para as actividades na piscina, deberán levar traxe de baño, toalla, chancletas, gorro e recoméndanse lentes de natación tamén.
  • Recomendacións: levar un pequeno bidón, cantimplora ou similar irrompible (non se admite de cristal) identificada co seu nome e unha pequena merenda para tomar a media mañá.

Enviaráselles ás persoas participantes, por correo electrónico, a información relativa ao desenvolvemento da actividade.

Documentos relacionados

  • Bases dos Campamentos Deportivos de Nadal 2024-25 (469 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión