Queremos darvos a benvida aos campamentos e indicarvos que nesta páxina web se publicará toda a información que precisen.
Prégase que revisen o Protocolo de medidas hixiénico-sanitarias que está colgado nesta mesma páxina web e que debe ser atendido por todos e todas para intentar desfrutar duns campamentos seguros.
A pesar de que os nenos e nenas terán unhas charlas lúdicas sobre este tema o primeiro día, é importante que dende as familias se lle poña tamén en coñecemento e se conciencien da importancia de adoptar as medidas adecuadas, ademais, os menores recibirán de regalo un libro editado pola Concellaría de Cultura sobre o Covid-19.
Entradas e saídas aos campamentos
Deberán acudir á sede indicada na base da convocatoria, coa máxima puntualidade. Por seguridade, as persoas que os acompañen non poderán acceder ao interior das instalacións.
Os/as menores serán recibidos e entregados polo monitorado.
Lembramos que cada neno e nena debe traer ao campamento a súa propia merenda e auga e non se pode compartir.
Esperamos que vos gusten os campamentos e os desfrutedes!
Nesta páxina poderá consultar a información relativa aos Campamentos deportivos Verán 2020 que se desenvolven nas tres sedes:
A pesar de que os campamentos terán esas sedes, que se utilizarán para a entrega e recollida de participantes, intentarase realizar actividades ao aire libre, para o cal se utilizarán estas outras instalacións deportivas:
Cidade Deportiva da Torre Pistas de tenis Rafael Alberti Pistas de petanca e de chave Piscina do Club do Mar de San Amaro Campo de Golf da Torre
Horarios xerais
Neste apartado poderá consultar a información relativa ás normas de participación e ás medidas de seguridade en materia de prevención fronte á Covid-19.
Normas de participación Campamentos Deportivos Verán 2020
Normas en materia sanitaria (Extracto)
Pode consultar o Protocolo completo aquí
Seguro en caso de accidente deportivo
No caso de que o/a menor sufra algún tipo de lesión como consecuencia da práctica de deportes nos campamenos deportivos municipais quedará cuberto/a polo seguro subscrito pola Concellaría de Deportes por tratarse dunha actividade deportiva programada pola dita concellaría.
Servizo de catering
Os servizos complementarios de almorzo e xantar están dispoñibles só nos campamentos con sede en Riazor. Pode consultar o procedemento de pago na seguinte ligazón:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible