Campamentos Deportivos Municipais Verán 2023
INFORMACIÓN E RECOMENDACIÓNS PARA PARTICIPANTES E FAMILIAS
Recoméndase que as persoas participantes acudan ao campamento con roupa cómoda e a crema solar botada na casa e leven todos os días unha mochila con auga, merenda para media mañá e gorra.
Ademais, os días de deportes náuticos/piscina: roupa de baño, toalla, muda e para a piscina gorro. (Ver a programación nas ligazóns correspondentes).
Está prevista a realización dunha excursión, á praia de Mera, con baño e xogos na area, para a que deberán levar a comida. A hora de recollida ese día será ás 18:00 h.
ENTRADA E RECOLLIDA NAS INSTALACIÓNS
Non se permite ás familias a entrada ás instalacións. Os puntos de entrega e recollida dos/as menores serán os seguintes:
PROGRAMACIÓNS DOS CAMPAMENTOS
Procuraranse realizar as actividades no exterior, pero, no caso de inclemencias, as actividades desenvolveranse dentro das instalacións.
A continuación, pódense consultar as diferentes programacións dos campamentos:
PROGRAMACIÓN QUENDA 4:
AT_Programación A Torre_4 quenda
BF_Programación Barrio das Flores_4 quenda
NM_Programación Novo Mesoiro_4 quenda
RI_Programación Riazor_4 quenda
PROGRAMACIÓN QUENDA 3:
AT_Programación A Torre_3 quenda
BF_Programación Barrio das Flores_3 quenda
NM_Programación Novo Mesoiro_3 quenda
RI_Programación Riazor_3 quenda
PROGRAMACIÓN QUENDA 2:
AT_Programación A Torre_2 quenda
BF_Programación Barrio das Flores_2 quenda
NM_Programación Novo Mesoiro_2 quenda
RI_Programación Riazor_2 quenda
PROGRAMACIÓN QUENDA 1:
AT_ Programación A Torre 1 quenda
BF_ Programación Barrio das Flores 1 quenda
NM_ Programación Novo Mesoiro 1 quenda
RI_ Programación Riazor 1 quenda
24/07/2023_8º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no sétimo movemento da listaxe de agarda, faise un 8º movemento.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.
O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do mércores 26 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.
19/07/2023_7º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no sexto movemento da listaxe de agarda, faise un 7º movemento.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.
O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do domingo 23 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.
14/07/2023_6º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no quinto movemento da listaxe de agarda, faise un 6º movemento.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.
O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do martes 18 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.
06/07/2023_5º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no cuarto movemento da listaxe de agarda, faise un 5º movemento.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.
O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do martes 11 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.
30/06/2023_4º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no terceiro movemento da listaxe de agarda, faise un 4º movemento.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.
O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do mércores 5 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.
23/06/2023_3º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no segundo movemento da listaxe de agarda, faise un 3º movemento.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.
O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do luns 26 de xuño. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.
20/06/2023_2º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no primeiro movemento da listaxe de agarda, faise un 2º movemento.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.
O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do xoves 22 de xuño. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.
14/06/2023_ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA - 1º movemento
Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza en primeira instancia, procédese á activación da listaxe de agarda.
Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.
O prazo para formalizar as inscricións será ata as 23:59 h. do venres 16 de xuño. Consulten o apartado inferior para o procedemento de inscrición-
FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS
As persoas que obtiveron praza nos campamentos deberán formalizar a inscrición e realizar o pago correspondente.
A inscrición e pago (con tarxeta, non con bizum) realizarase en liña, a través dunha ligazón: Acceso a Cronos Web. Recoméndase consultar a Guía acceso a Cronos Web .
Documentación a aportar (Os documentos que se acheguen deben ter pouco peso):
*Pregamos que cubran todos os datos do formulario, incluíndo a autorización de imaxe.
**Xa está arranxado o problema técnico para a subida da documentación do segundo e seguintes fillos.
NOTA: A formalización da matrícula non será efectiva ata que se comprobe que a documentación aportada é correcta.
Opcionalmente, poderá realizarse de forma presencial nos rexistros de Deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre, Polideportivo Barrio das Flores), concertando cita previa.
AVISO: O prazo de formalización das inscricións nos campamentos deportivos de verán para aquelas persoas que lles correspondeu praza nesta primeira volta amplíase ata o luns día 12 de xuño, por mor de problemas técnicos na plataforma informática durante a primeira xornada de matriculacións.
06-06-2023_LISTAXES DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE AGARDA
Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e persoas en lista de espera en cada unha das quendas e sedes dos Campamentos Deportivos Municipais Verán 2023.
Listaxe Adxudicación prazas_Campamentos Deportivos verán 2023
01-06-2023_SORTEO PÚBLICO
Unha vez realizado o sorteo público, o día 1 de xuño ás 12.00 h, o número obtido é o 1329, que será o número de corte para establecer a orde de adxudicación de prazas dos campamentos.
A publicación das listas de persoas admitidas e en lista de espera realizarase o día 6 de xuño na web de Deportes ou no 010.
Pode consultar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: SORTEO
01-06-2023_LISTAXES SUBSANADAS DE SOLICITANTES E SORTEO
Tras a finalización do prazo para a corrección de erros, publícanse as listaxes subsanadas de solicitantes dos Campamentos Deportivos Municipais de Verán 2023, coa inclusión do número asignado para o sorteo:
Asimesmo, publícase a listaxe de solicitudes descartadas por estaren duplicadas ou por non cumprir o requisito de idade:
O sorteo para a obtención do número de corte para a asignación das prazas celebrarase hoxe, 1 de xuño, ás 12:00 h.
Pode seguilo en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO
29-05-2023_LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITANTES
Publícase a listaxe provisional de solicitantes dos Campamentos Deportivos Municipais de Verán 2023:
Ademais, publícanse as solicitudes descartadas por estaren duplicadas (Punto 8 das Bases da convocatoria)
Alegacións e corrección de erros: establécese un prazo de 2 días naturais, 30 e 31 de maio, para alegacións e corrección de erros, a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal.
O correo electrónico sempre debe envialo o mesmo proxenitor, titor ou titora que fixo a preinscrición e será obrigatorio deixar un teléfono de contacto.
Durante o prazo de emenda de erros non se permitirá o cambio de opcións de campamento nin se aceptarán novas solicitudes. Só se poderán emendar datos persoais consignados no formulario.
QUEN PODE SOLICITALOS?
Nenos e nenas nados/as entre o 1/01/2010 e o 31/12/2017.
Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional. Existe a posibilidade de contar con intérprete de lingua de signos.
Terán preferencia para a obtención dunha praza os e as menores empadroados/as na cidade da Coruña cuxos proxenitores/as ou titores/as teñan que traballar durante a quincena na que solicitan os campamentos.
O Servizo Municipal de Deportes poderá requirirlles a documentación acreditativa de que efectivamente teñen que traballar durante a quincena na que solicitan o campamento.
O Servizo Municipal de Deportes realizará de oficio a comprobación do padrón municipal no requisito de empadroamento do/a menor.
No caso de que se produza un engano na declaración responsable que se debe presentar asinada para realizar a inscrición, o/a menor perderá o dereito a obter unha praza nos campamentos deportivos municipais.
ONDE SE VAN REALIZAR?
Os campamentos terán como sede catro instalacións deportivas municipais:
Estas sedes se utilizarán como punto de entrega e recollida dos nenos e das nenas. Intentaranse realizar actividades ao aire libre, para o cal se poderán desprazar a outras instalacións deportivas.
CANTO DURAN?
Os campamentos deportivos municipais organizaranse por quincenas, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, de luns a venres. Non se realizarán campamentos as fins de semana nin os festivos.
Poderase escoller entre as seguintes quincenas:
CAL É O HORARIO?
As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Poderá solicitar o horario ampliado, coa posibilidade de entrega dos e das menores ás 08:30 e de recollida ás 14:30 horas (unha ou ambas opcións). O horario ampliado non supón un maior custe para as familias.
CANTAS PRAZAS SE OFERTAN?
Ofértanse un total de 960 prazas, que supoñerán 240 prazas por quenda, coa seguinte distribución:
Esta distribución poderá sufrir variacións en función da demanda e do aforo das instalacións.
CAL É O PREZO DOS CAMPAMENTOS?
O prezo dos campamentos deportivos municipais é de 25 euros por cada quenda e menor.
A solicitude do horario ampliado non supón un maior custe para as familias.
O pago realizarase conxuntamente coa inscrición no campamento de forma telemática a través do enlace que se publicará nesta web ou de forma presencial, nos rexistros de deportes (recomendable pedir cita previa).
As persoas que durante o prazo establecido non teñan formalizada a inscrición do/a menor, entenderase que renuncian á praza obtida e procederase a activar a listaxe de agarda.
DATAS A TER EN CONTA
As principais datas a ter en conta son as seguintes:
PREINSCRICIÓNS
As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse, do 22 ao 24 de maio, a través do seguinte formulario:
Solicitude de preinscrición nos campamentos deportivos de verán
Poderase solicitar un máximo de 3 opcións, por orde de preferencia. Non se deberá solicitar unha quenda ou sede que non se desexe obter.
No caso de detectar máis de unha preinscrición para unha mesma persoa, aceptarase a última recibida, entendéndoa como corrección da/s anterior/es. As realizadas con anterioridade quedarán desbotadas e non se terán en conta.A dirección de correo consignado na preinscrición será o que se empregue sempre para as comunicacións durante o proceso.
Recomendamos revisar o punto 8 das bases para as preinscriciòns de membros da mesma familia, no caso de que queira solicitar praza para varios fillos e/ou fillas, e sempre e cando se desexe ter garantida praza para todos/as na mesma sede e quenda, deberase facerse o seguinte:
NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTATE!!
Enlace á web xeral de Campamentos municipais: Campamentos de Verán 2023
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible