Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos de Golf 4.º trimestre 2024

Cursos de iniciación ao golf 4.º trimestre (outubro-novembro-decembro) de 2024

Listaxe de adxudicación e listaxe de espera

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de espera dos cursos municipais de golf do cuarto trimestre de 2024 (outubro, novembro e decembro).

Número obtido no sorteo

Realizado o sorteo obtívose o número 106, que establecerá o corte para a asignación das prazas.

Pode comprobar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: SORTEO

Listaxe de adxudicación de prazas: publicarase o 18 de setembro de 2024 a partir das 14.00 h

Sorteo público

Para establecer a orde de adxudicación de prazas, o luns 16 de setembro de 2024, ás 09.00 h, realizarase un sorteo público para obter o número que servirá de corte.

O sorteo poderase seguir en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO

Listaxe definitiva de solicitantes

Publícase a lista definitiva de solicitantes (por orde alfabética e orde cronolóxica) para os cursos municipais de golf do 4.º trimestre (outubro, novembro, decembro) de 2024, Pode consultala na seguinte ligazón:

Listas provisionais solicitantes

Publícase a listaxe provisional de solicitantes (tanto por orde alfabética como por orde cronolóxica) para os cursos municipais de Golf do cuarto trimestre do ano 2024:

Abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación da listaxe provisional para que se poidan formular alegacións, ata as 23.59 h do 12 de setembro de 2024. As ditas alegacións deberanse presentar por correo electronico a través do enderezo: programasdeportivos@coruna.gal

Presentación de solicitudes

  • Presentación das solicitudes: as solicitudes para participar nos cursos poderanse presentar do 30 de agosto, a partir das 08.00 h, ata o 8 de setembro de 2024 ás 23.59 h, ambos inclusive.

FORMULARIO DE SOLICITUDES Cursos Municipais de Golf 4º T 2024

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 10 de setembro de 2024 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor, así como no teléfono de información cidadá 010..
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación da listaxe provisional para que se poidan formular alegacións, ata o 12 de setembro de 2024. Estas deberanse presentar por correo electronico a través do enderezo: programasdeportivos@coruna.gal
  • Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 13 de setembro de 2024 a partir das 14.00 h
  • Sorteo público: terá lugar o 16 de setembro de 2024, ás 09.00 h
  • Listaxe de adxudicación de prazas: publicarase o 18 de setembro de 2024 a partir das 14.00 h
  • Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 19 ao 26 de setembro de 2024 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da lista de espera farase os días 27 e 29 de setembro.

CURSOS OFERTADOS

FRANXA DE IDADE

CÓDIGO DO  CURSO

DÍAS

HORARIO

PRAZAS

PERSOAS ADULTAS +17 INICIACIÓN

13.2.25.01.06.0.01

LUNS E XOVES

09:30 a 10:30

8

13.2.25.01.06.0.02

LUNS E XOVES

10:30 a 11:30

8

13.2.25.01.06.0.03

LUNS E XOVES

11:30 a 12:30

8

13.2.25.01.06.0.04

LUNS E XOVES

19:30 a 20:30

8

13.2.25.01.06.0.05

LUNS E XOVES

20:30 a 21:30

8

13.2.25.01.06.0.06

MARTES E VENRES

09:30 a 10:30

8

13.2.25.01.06.0.07

MARTES E VENRES

10:30 a 11:30

8

13.2.25.01.06.0.08

MARTES E VENRES

11:30 a 12:30

8

13.2.25.01.06.0.09

MARTES E VENRES

19:30 a 20:30

8

13.2.25.01.06.0.10

MARTES E VENRES

20:30 a 21:30

8

13.2.25.01.06.0.11

SÁBADO E DOMINGO

09:30 a 10:30

8

13.2.25.01.06.0.12

SÁBADO E DOMINGO

10:30 a 11:30

8

XUVENIL INICIACIÓN 12-17

13.2.25.01.09.0.15

LUNS E XOVES

18:00 a 19:00

8

13.2.25.01.09.0.16

SÁBADO E DOMINGO

11:30 a 12:30

8

INFANTIL INICIACIÓN 6-11

13.2.25.01.08.0.13

LUNS E XOVES

17:00 a 18:00

8

13.2.25.01.08.0.14

MARTES E VENRES

16:00 a 17:00

8

13.2.25.01.08.0.17

SÁBADO E DOMINGO

12:30 a 13:30

8

DATAS DE INICIO E FIN DOS CURSOS

FRECUENCIA DÍAS

DATA DE INICIO

DATA DE FIN

Luns e xoves

3 de outubro do 2024

12 de decembro do 2024

Martes e venres

1 de outubro do 2024

17 de decembro do 2024

Sábados e domingos

5 de outubro do 2024

15 de decembro do 2024

TAXAS

PERSOAS ADULTAS: 49.67 € INFANTIL: 29.81 €

Documentos relacionados

  • Listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera (681 KB)
  • Listaxe definitiva de solicitantes por orde alfabética (702 KB)
  • Listaxe definitiva de solicitantes por orde cronolóxica (701 KB)
  • Listaxe provisional de solicitantes por orde alfabética (689 KB)
  • Listaxe provisional de solicitantes por orde cronolóxica (689 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión