Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Programa de natación prenatal

A actividade de natación prenatal (dirixida a mulleres embarazadas) ten carácter mensual e desenvólvese na Piscina Municipal de Riazor durante todo o ano (agás no período de peche anual da instalación).

HORARIOS OUTUBRO-XUÑO:

  • Luns: 16.30-17.15 horas
  • Mércores: 16.30-17.15 horas

Para poder inscribirse é necesario aboar a taxa en calquera dos rexistros de Deportes, preferentemente concertando cita previa ou telemáticamente a través da plataforna en liña Cronos web, como se indica máis abaixo.

A inscrición mensual actívase a semana anterior ao mes en que se desenvolva a actividade.

TARIFA 2024:

Natación prenatal - tarifa mensual 7,00 € (Ordenanza Fiscal nº15, apartado 15.5)

PRAZAS DISPOÑIBLES E MATRÍCULA EN LIÑA

Para a consulta de prazas libres, así como para a matrícula telemática*, é necesario acceder á plataforma en liña do Servizo Municipal de Deportes: Acceso a Cronos Web.

Recomendamos consultar a Guía de acceso a Cronos Web - Natación Prenatal

*A matrícula presencial tamén está dispoñible, como habitualmente.

CÓDIGO ACTIVIDADE E HORARIO OFERTA INICIAL DE PRAZAS
4848 NATACION PRENATAL MENSUAL RIAZOR LU 16.30-17.15 - NOVEMBRO 8
4849 NATACION PRENATAL MENSUAL RIAZOR ME 16.30-17.15 - NOVEMBRO 8

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión