31 de outubro de 2024 - RESOLUCIÓN DEFINITIVA
Resolución definitiva das subvencións de concorrencia competitiva para bolsas deportivas dirixidas a deportistas individuais do Concello da Coruña para apoiar a práctica e o rendemento deportivo para o exercicio 2024, pode consultala na seguinte ligazón:
Esta resolución terá o carácter de definitiva, de acordo coa base 16.3 da convocatoria, co artigo 26 da Lei xeral de subvencións, e o artigo 45.1b) da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que no prazo de cinco (5) días hábiles se comunique su aceptación o renuncia ao órgano instructor. Transcurrido o dito prazo sen producirse a renuncia expresa, a subvención entenderase tácitamente aceptada.
A resolución publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 210 - mércores 30 de outubro de 2024, polo que o prazo é do 31 de outubro ao 7 de novembro de 2024 ambos incluídos.
4 de Setembro 2024 - Resolución provisional e prazo de alegacións
Asentada o día 3 de setembro de 2024 a resolución provisional da convocatoria indicada, publícase dita resolución provisional para coñecemento xeral, pode consultala na seguinte ligazón:
De acordo co establecido na Base 15 da convocatoria, e no artigo 76.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
Infórmase de que o prazo de presentación das alegacións é de 5 días hábiles: do 5 ao 11 de setembro de 2024, a traves do rexistro municipal do Servizo Municipal de Deportes, no Palacio dos Deportes de Riazor OU PREFERENTEMENTE NA SEDE ELECTRÓNICA MUNICIPAL (https://sede.coruna.gal/sede/gl)
Neste prazo as persoas interesadas (solicitantes e beneficiarias) poderán formular as alegacións que estimen oportunas. A resolución provisional non crea dereito ningún a favor da persoa deportista beneficiaria proposta fronte á Administración mentres non se lle notifique a resolución definitiva da concesión.
ANUNCIO da Resolución Provisional da Convocatoria bolsas para deportistas individuais 2024
24 de Maio de 2024 - Requirimento de emenda
No BOP de A Coruña nº 100 do 24 de maio de 2024 se publica o requirimento de emenda das solicitudes da convocatoria de bolsas para deportistas individuais correspondente o ano 2024.
O prazo de emenda é de 10 días hábiles a partir do seguinte da publicación, é dicir, entre o 27 de maio e o 7 de xuño de 2024, ambos incluídos.
A documentación deberá achegarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gal, e preferentemente a través do procedemento accesible desde o seguinte enlace:
5 de Marzo de 2024 - Anuncio
A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar, por resolución de data 27 de febreiro de 2024 do Terceiro tenente de alcaldesa e concelleiro delegado responsable da Área de Fomento e Promoción da Ciudade por delegación da Xunta de Goberno Local, a convocatoria das axudas destinadas a becas deportivas para deportistas individuais do Concello da Coruña para o ano 2024.
O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de A Coruña nº 46, de 5 de marzo de 2024, coa seguinte referencia:
O enlace público de consulta é: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/746434
O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, do 6 ao 25 de marzo de 2024, ambos incluídos.
As solicitudes se deberán presentar obligatoriamente na sede electrónica do Concello da Coruña:
O anuncio do BOP pódese consultar no seguinte enlace:
Pode consultar as bases completas da convocatoria no docuemento adxunto ao pe de páxina, xutno co modelo de solicitude para presentar e os seus anexos ou no seguinte enlace:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible