Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campamentos Deportivos de Nadal - 2023-2024

Convocatoria para participar nos Campamentos Deportivos de Nadal 2023-2024, onde se realizarán actividades deportivas dirixidas por persoal especializado.

26 de decembro: AMPLIACIÓN DE MATRÍCULA - PRAZAS VACANTES A LIBRE DISPOSICIÓN

Amplíase o prazo para a inscrición nas prazas dispoñibles nos Campamentos Deportivos de Nadal. As prazas serán adxudicadas por orde de chegada ás oficinas da Cidade Deportiva de Riazor (das 08.15 ás 14.00 h) e terán preferencia, no seu horario, as persoas que concerten cita previa na web www.citaprevia.coruna.gal. As persoas sen cita previa poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles.

QUENDA 2 (2-5 de xaneiro de 2024):

  • 9 prazas libres
  • Inscrición: 27 e 28 de decembro de 2023 ou ata esgotárense as prazas.

Para formalizar a matrícula haberá que aboar a taxa correspondente e achegar ademais a documentación indicada nas bases:

  • a) Fotocopia do DNI (de non ter, do Libro de Familia) e do DNI de pai, nai ou titor/a.
  • b) Para persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén se deberá presentar o documento legal que o acredite e o DNI de titor/a.
  • c) Anexo I cuberto: pódese descargar na seguinte ligazón: Formulario de matrícula nos Campamentos Deportivos de Nadal 2023-2024

22 de decembro: INFORMACIÓN E RECOMENDACIÓNS PARA PARTICIPANTES E FAMILIAS

Entrega e recollida nas instalacións:

Non se lles permite ás familias entrar nas instalacións. O punto de entrega e recollida dos/as menores será o portalón exterior do Frontón de Riazor.

Equipamento e recomendacións para participantes:

  • Indumentaria: roupa e calzado deportivo e abrigo para as actividades exteriores. Para as actividades na piscina deberán levar bañador, toalla, chanclas, gorro e recoméndanse lentes de natación tamén.
  • Recomendacións: levar un pequeno bidón, cantimplora ou similar irrompible (non se admite de cristal) identificado co seu nome e unha pequena merenda para tomar a media mañá.

Programación de actividades

Actividades previstas: durante o desenvolvemento de cada quenda de campamento están previstas as actividades que se relacionan a continuación, susceptibles de variación por razóns organizativas e/ou de seguridade: atletismo, escalada deportiva, loita e defensa persoal, bádminton, esgrima, xadrez, carreira de orientación, xogos acuáticos, actividades na natureza ou exteriores (que poderán ser equitación, patinaxe ou similares).

Pódese descargar o cadro de actividades na seguinte ligazón: Programa de actividades - CAMPAMENTO NADAL 2023/24

21 de decembro: PRAZAS VACANTES A LIBRE DISPOSICIÓN

Finalizados os movementos da lista de espera, publícanse as prazas vacantes que están dispoñibles. As ditas prazas serán adxudicadas por orde de chegada ás oficinas da Cidade Deportiva de Riazor (de 08:15-14:00 h) e terán preferencia, no seu horario, as persoas que concerten cita previa na web www.citaprevia.coruna.gal. As persoas sen cita previa poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles.

QUENDA 1 (26-29 de decembro de 2023):

  • 9 prazas libres
  • Inscrición: venres 22 de decembro de 2023

QUENDA 2 (2-5 de xaneiro de 2024):

  • 21 prazas libres
  • Inscrición: venres 22 e martes 26 de decembro de 2023 ou ata esgotárense as prazas.

Para formalizar a matrícula haberá que aboar a taxa correspondente, e achegar ademais a documentación indicada nas bases:

  • a) Fotocopia do DNI (de non ter, do Libro de Familia) e do DNI de pai, nai ou titor/a.
  • b) Para persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén se deberá presentar o documento legal que o acredite e o DNI de titor/a.
  • c) Anexo I cuberto: pódese descargar na seguinte ligazón: Formulario de matrícula nos Campamentos Deportivos de Nadal 2023-2024

18 de decembro: MOVEMENTO DA LISTA DE ESPERA

Unha vez finalizado o prazo para formalizar a matrícula das persoas que obtiveron praza en primeira instancia nos Campamentos Deportivos de Nadal, procédese ao movemento da lista de espera coas prazas que quedaron libres:

QUENDA 1: O movemento abarca os números da lista de espera do 1 ao 22.

QUENDA 2: O movemento abarca os números da lista de espera do 1 ao 14 e do 15 ao 41, que non se matricularon xa na súa primeira opción de preferencia.

As persoas afectadas que desexen participar no campamento deberán formalizar a matrícula o luns 18 ou o martes 19 de decembro, acudindo á Caixa do Palacio de Deportes de Riazor, coa documentación indicada nas bases.

12 de decembro: LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE ESPERA

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera, por quenda de campamento. As solicitudes que non cumprían algunha das cláusulas establecidas nas bases quedaron descartadas.

Listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera - CAMPAMENTO NADAL 2023/24

As persoas que obtivesen praza poderán formalizar a inscrición do 13 ao 15 de decembro de 2023 das 08.15 h ás 14.00 h, acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor.

Terán preferencia as persoas que concerten citaprevia (www.citaprevia.coruna.gal) e no seu horario. As persoas sen cita poderán acudir a formalizar a matrícula nos horarios que queden dispoñibles. Para formalizar a matrícula haberá que aboar a taxa correspondente e achegar a documentación indicada nas bases:

  • a) Fotocopia do DNI (de non ter, do Libro de Familia) e do DNI de pai, nai ou titor/a.
  • b) Para persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén deberá presentarse o documento legal que o acredite e o DNI de titor/a.
  • c) Anexo I cuberto: pódese descargar na seguinte ligazón: Formulario de matrícula nos Campamentos Deportivos de Nadal 2023-2024

Só se poderá matricular nunha quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada.

No caso de non formalizar a inscrición, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.

12 de decembro: SORTEO

Realizouse o sorteo e saíu o número 102, que establecerá o corte para a asignación das prazas.

Pódese comprobar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: Sorteo

11 de decembro: LISTAXE DEFINITIVA PARA O SORTEO

Publícase a listaxe definitiva de solicitantes (tanto por orde alfabética como por orde cronolóxica) dos Campamentos Deportivos de Nadal, que pode consultalas nas seguintes ligazóns:

Listaxe definitiva de solicitantes - ALFABÉTICA - CAMPAMENTO NADAL 2023/24

Listaxe definitiva de solicitantes - CRONOLÓXICA - CAMPAMENTO NADAL 2023/24

O sorteo para a obtención do número que establecerá o corte para a asignación das prazas realizarase o 12 de decembro de 2023, ás 08.30 h. Pode seguilo en directo a través da seguinte ligazón: Sorteo

7 de decembro: LISTAXE PROVISIONAL E CORRECCIÓN DE ERROS

Publícase a listaxe provisional de solicitantes (tanto por orde alfabética como por orde cronolóxica) para estes campamentos deportivos de Nadal. Pode consultalas nas seguintes ligazóns:

Corrección de erros:

Desde a publicación da listaxe provisional e ata o 11 de decembro ás 12.00 horas, enviando un correo electrónico a programasdeportivos@coruna.gal . Durante este prazo só se permite a corrección dos datos persoais consignados no formulario de preinscrición. Non se permite a modificación das quendas escollidas.

SEGUINTES PRAZOS DA CONVOCATORIA:

  • Publicación da listaxe definitiva para o sorteo: 11 de decembro, a partir das 14.00 h
  • Sorteo (de ser necesario): 12 de decembro, ás 08.30 horas
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 12 de decembro, a partir das 14.00 h
  • Formalización da matrícula das persoas admitidas: do 13 ao 15 de decembro, acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor, das 08.15 ás 14.00 h
  • Xestión da lista de espera: a partir do 18 de decembro

30 de novembro de 2023: CONVOCATORIA

A continuación, recóllese un resumo das bases da convocatoria que regula este procedemento. As bases completas pódense consultar no documento no pé da páxina.

Programa tipo:

HORARIO

MARTES A XOVES

VENRES

08:00-09:00 h

Chegada e recepción de participantes

09:00-10:30 h

Actividade deportiva I

Actividades na natureza/exteriores

10:30-12:00 h

Actividade deportiva II

12:00-12:30 h

Merenda (deberá ser achegada por cada participante)

12:30-14:00 h

Actividade Deportiva III

14:00 / 14:30 h

Devolución e recollida de participantes

Actividades previstas: durante o desenvolvemento de cada quenda de campamento están previstas as actividades que se relacionan a continuación, susceptibles de variación por razóns organizativas e/ou de seguridade: atletismo, escalada deportiva, loita e defensa persoal, bádminton, esgrima, xadrez, carreira de orientación, xogos acuáticos, actividades na natureza ou exteriores (que poderán ser equitación, patinaxe ou similares).

Lugar de realización: a sede principal será a Cidade Deportiva de Riazor. As actividades de natureza e patinaxe realizaranse en instalacións externas.

Quendas: haberá dúas quendas para elixir:

  • Quenda 1: do 26 ao 29 de decembro de 2023
  • Quenda 2: do 2 ao 5 de xaneiro de 2023

No formulario de solicitude deberá consignarse a quenda á que queren asistir, por orde de preferencia.

Horarios:

  • Horario xeral das actividades: 09.00-14.00 h
  • Horario ampliado de conciliación:
    • Entrada: desde as 08.00 ata 09.00 h
    • Saída: para elixir entre:
      • 14.00 h
      • 14.30 h

A opción de horario ampliado non supón un custo engadido.

Prezo: aplicaranse as tarifas segundo a ordenanza fiscal en vigor (OF 15 art.6) e o prezo será de 34,00 € por quenda.

Redución de taxas: poderán obter unha redución do 50% na taxa relativa a campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.

Persoas destinatarias: poboación infantil e xuvenil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (coa idade cumprida o 31 de decembro de 2023). Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Número de prazas: 72 prazas por quenda.

Equipamento e recomendacións para participantes:

  • Indumentaria: roupa e calzado deportivo e abrigo para as actividades exteriores. Para as actividades na piscina deberán levar bañador, toalla, chanclas, gorro e recoméndanse lentes de natación tamén.
  • Recomendacións: levar un pequeno bidón, cantimplora ou similar irrompible (non se admite de cristal) identificada co seu nome e unha pequena merenda para tomar a media mañá.

Enviaráselles ás persoas participantes, por correo electrónico, a información relativa ao desenvolvemento da actividade.

PREINSCRICIÓN

Deberase realizar en liña, a través do formulario inserido na páxina web de Deportes do Concello da Coruña (www.coruna.gal/deportes). Pode acceder ao formulario na seguinte ligazón:

Solicitude para os campamentos deportivos de Nadal 2023-2024

O prazo comezará desde a publicación e finalizará o 5 de decembro ás 14.00 h.

Cada persoa só poderá presentar unha única solicitude e terá que indicar a orde de preferencia das quendas, de ser o caso.

Para poder ter en conta as necesidades de conciliación das familias, no caso de irmáns ou irmás deberanse facer as solicitudes de forma continuada no tempo e coa mesma orde nas quendas solicitadas.

No caso de rexistrar para unha mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última e anularanse con esta todas as feitas con anterioridade.

CRITERIOS DE PREFERENCIA

O número que resulte do sorteo, que establecerá o corte a partir do cal se adxudicarán as prazas. Para a orde de preferencia terase en conta:

  • 1.º- As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  • 2.º- A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).

As persoas que non obtivesen praza neste proceso, pasarán a formar parte da listaxe de espera.

MATRÍCULA

As persoas que obteñan praza poderán formalizar a inscrición do 13 ao 15 de decembro de 2023 das 08.15 ás 14.00 h, acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor.

Terán preferencia as persoas que concerten citaprevia (www.citaprevia.coruna.gal) e no seu horario. As persoas sen cita poderán acudir a formalizar a matrícula nos horarios que queden dispoñibles. Para formalizar a matrícula haberá que aboar a taxa correspondente e presentar o formulario de matrícula cuberto, e achegar a documentación indicada nas bases.

Só se poderá matricular nunha quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada.

No caso de non formalizar a inscrición, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.

RESUMO DAS DATAS DO PROCESO:

  • Presentación de solicitudes: desde a publicación e ata o 5 de decembro de 2023 ás 14.00 horas, a través do formulario en liña.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes: 7 de decembro
  • Corrección de erros: desde a publicación da listaxe provisional e ata o 11 de decembro ás 12.00 horas, enviando un correo electrónico a programasdeportivos@coruna.gal .
  • Publicación da listaxe definitiva para o sorteo: 11 de decembro, a partir das 14.00 h
  • Sorteo (de ser necesario): 12 de decembro, ás 08.30 horas
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 12 de decembro, a partir das 14.00 h
  • Formalización da matrícula das persoas admitidas: do 13 ao 15 de decembro, acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor, das 08.15 ás 14.00 h
  • Xestión da lista de espera: a partir do 18 de decembro. 

Documentos relacionados

  • Bases da convocatoria dos Campamentos Deportivos de Nadal 2023-24 (434 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión