Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Actividades e recomendacións - Campamentos Deportivos Verán 2022

Programa de actividades e recomendacións

As actividades que se van desenvolver durante os campamentos deportivos abarcan os seguintes tipos:

  • Obradoiros: manualidades nas instalacións
  • Deportes: baloncesto, voleibol, balonmán, tenis, bádminton e rugby
  • Grandes xogos: cluedo, xogo de pistas, escapes rooms etc.
  • Predeportivos: brilé, xogo das pinzas, 3 en raia, pano, come cocos...
  • Xogos na natureza: paracaidas, xogo das medusas...
  • Torneos e olimpíadas: xogos por estacións e por equipos.
  • Xogos cooperativos: atrapa a bandeira, xogo do castelo, gran xogo da oca....
  • Excursión: día na praia de Cabana con baño e competicións na area.
  • Deportes náuticos: bodyboard (actividade deportiva con aletas e táboa)

A continuación, pódense descargar os cadrantes coas actividades previstas en cada sede:

Nota: en caso de inclemencias do tempo, realizaranse as actividades dirixidas dentro das instalacións (escape room, xogos de mesa, xogos musicais).

RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS E PARTICIPANTES:

Recoméndase levar todos os días gorra e roupa cómoda, ademais dunha mochila con auga e merenda para media mañá.

Para os días de deportes náuticos e praia: roupa de baño e muda.

Recomendamos consultar o documento coa información para as entradas e saídas: Entradas e Recollidas_Campamento Deportivo

Para contactar coa coordinación dos campamentos: Belén Raña Rodríguez - 613 305 903

Formalización da Inscrición - Campamentos Deportivos Verán 2022

Formalización da inscrición, do 21 ao 23 de xuño de 2022.

Proceso para a formalización da inscrición nos Campamentos deportivos municipais Verán 2022:

1) Cubrir e asinar o formulario de inscrición: Formulario de inscrición Campamentos Deportivos Verán 2022

2) Aboar a cota: 25 €/participante e quenda na seguinte conta: ES13 2080 3103 1331 1000 0349.

No concepto é necesario indicar o nome e NIF de pai/nai/titor, así como o nome do/da menor participante e o campamento no que se inscribe (Sede e quenda).

3) Enviar, nunha ÚNICA MENSAXE, á dirección de correo electrónico gestiondeportes@coruna.gal, o formulario cuberto e asinado así como o resgardo de realizar o pagamento.

A continuación, lémbranse as sedes e quendas dos campamentos:

Sedes:

  • (RI) Campamento de Riazor: Palacio de Deportes Riazor, combinado co Campo de fútbol e o areal de San Pedro de Visma.
  • (NM) Campamento de Novo Mesoiro: Polideportivo de Novo Mesoiro, combinado co Campo de fútbol Johan Cruyff
  • (BF) Campamento de Barrio das Flores: Polideportivo do Barrio das Flores, combinado co Campo de fútbol Víctor Fernández Alonso
  • (AT) Campamento da Torre: Frontón da C.D. A Torre e parte das súas instalacións, combinado coa piscina municipal de Santo Amaro.

Quendas:

  • (001) 1º quenda: Do 27 de xuño ao 8 de xullo
  • (002) 2º quenda: Do 11 de xullo ao 22 de xullo
  • (003) 3º quenda: Do 26 de xullo ao 5 de agosto
  • (004) 4º quenda: Do 8 de agosto ao 19 de agosto
  • (005) 5º quenda: Do 22 de agosto ao 2 de setembro

Documentos relacionados

  • Formulario de inscrición Campamentos Deportivos Verán 2022 (740 KB)

Listaxe de adxudicación de prazas nos Campamentos Deportivos Verán 2022

20 de xuño de 2022 - Publicación da listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e persoas en lista de espera en cada unha das quendas e sedes dos Campamentos Deportivos Municipais Verán 2022:

Listaxe de adxudicación de prazas_Campamentos Deportivos Verán 2022

Listaxe de solicitudes descartadas - Campamentos Deportivos Verán 2022

13 de xuño - Sorteo público

Unha vez realizado o sorteo público, o día 13 de xuño ás 17.00 h, o número obtido é o 352, que será o número de corte para establecer a orde de adxudicación de prazas dos campamentos.

A publicación das listas de persoas admitidas e en lista de espera realizarase o día 20 de xuño na web de Deportes, no 010 e no teléfono da empresa prestadora do servizo.

Pode consultar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: SORTEO.

13 de xuño - Listas definitivas de solicitantes

Tras a finalización do prazo para formular alegacións e corrección de erros, publícase a listaxe definitiva de solicitantes dos Campamentos Deportivos Municipais Verán 2022, coa indicación do número de sorteo asignado.

Listaxe definitiva de solicitantes_Orde alfabética_Campamentos Deportivos Verán 2022

Listaxe definitiva de solicitantes_Orde cronolóxica_Campamentos Deportivos Verán 2022

8 de xuño de 2022_Publicación da listaxe provisional de solicitantes

Publícase a listaxe provisional de solicitantes dos Campamentos Deportivos Verán 2022

Listaxe provisional alfabética solicitantes Campamentos Deportivos Verán 2022

Alegacións e corrección de erros: establécese un prazo de 3 días naturais, do 9 ao 11 de xuño, os dous incluídos, para alegacións e corrección de erros, preferentemente a través do correo electrónico: gestiondeportes@coruna.gal.

Documentos relacionados

  • Listaxe definitiva de solicitantes_Orde alfabética_Campamentos Deportivos Verán 2022 (507 KB)
  • Listaxe definitiva de solicitantes_Orde cronolóxica_Campamentos Deportivos Verán 2022 (507 KB)
  • Listaxe provisional alfabética solicitantes Campamentos Deportivos Verán 2022 (391 KB)

Convocatoria - Campamentos Deportivos verán 2022

Campamentos Deportivos Municipais Verán 2022

Ligazón á web xeral de Campamentos municipais: /web/gl/actualidade/axenda/campamentos-de-veran-2022

QUEN PODE SOLICITALOS?

Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2022.

Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional. Existe a posibilidade de contar con intérprete de lingua de signos.

Terán preferencia para a obtención dunha praza os e as menores empadroados/as na cidade da Coruña cuxos pais, nais ou titores teñan que traballar durante a quincena na que solicitan os campamentos.

ONDE SE VAN REALIZAR?

Os campamentos terán como sede catro instalacións deportivas municipais:

  • Campamento de Riazor: Palacio de Deportes Riazor, combinado co Campo de fútbol e o areal de San Pedro de Visma.
  • Campamento de Novo Mesoiro: Polideportivo de Novo Mesoiro, combinado co Campo de fútbol Johan Cruyff
  • Campamento de Barrio das Flores: Polideportivo do Barrio das Flores, combinado co Campo de fútbol Víctor Fernández Alonso
  • Campamento da Torre: Frontón da C.D. A Torre e parte das súas instalacións, combinado coa piscina municipal de Santo Amaro.

CANTO DURAN?

Os campamentos deportivos municipais organizaranse por quincenas, desde o 27 de xuño ata o 2 de setembro de 2022, de luns a venres. Non se realizarán campamentos os fins de semana nin os festivos.

Poderase elixir entre as seguintes quincenas:

  • 1º quenda: Do 27 de xuño ao 8 de xullo
  • 2º quenda: Do 11 de xullo ao 22 de xullo
  • 3º quenda: Do 26 de xullo ao 5 de agosto
  • 4º quenda: Do 8 de agosto ao 19 de agosto
  • 5º quenda: Do 22 de agosto ao 2 de setembro

CAL É O HORARIO?

As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Poderase solicitar o horario ampliado, coa posibilidade de entrega dos e das menores ás 08.30 e de recollida ás 14.30 horas (unha ou ambas as opcións). O horario ampliado non supón un maior custo para as familias.

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN?

Un total de 960 prazas, distribuídas en 192 prazas por quenda, da seguinte maneira:

  • Campamento de Riazor: 72 prazas/quincena
  • Campamento de Novo Mesoiro: 48 prazas/quincena
  • Campamento de Barrio das Flores: 48 prazas/quincena
  • Campamento da Torre: 24 prazas/quincena

Poderase variar o número de prazas ofertadas entre as diferentes sedes en función das solicitudes de preinscrición recibidas no Servizo Municipal de Deportes.

CAL É O PREZO DOS CAMPAMENTOS?

O prezo dos campamentos deportivos municipais é de 25 euros, IVE incluído, por cada quenda e menor.

A solicitude do horario ampliado non supón un maior custo para as familias.

DATAS A TER EN CONTA

As principais datas a ter en conta son as seguintes:

  • Preinscrición: os días 1, 2 e 3 de xuño de 2022.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes: publicarase o 8 de xuño de 2022.
  • Alegacións: os días 9, 10 e 11 de xuño de 2022.
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitantes: 13 de xuño de 2022, ao longo da mañá.
  • Sorteo: o 13 de xuño, pola tarde.
  • Publicación das listaxes de persoas admitidas e en listaxe de agarda: o día 20 de xuño na web de Deportes, no 010 e no teléfono da empresa prestadora do servizo.
  • Formalización da matrícula ou renuncias: 21, 22 e 23 de xuño de 2022, deberase presentar debidamente cuberta e asinada a folla de solicitude de inscrición, coa documentación complementaria á empresa prestadora do servizo. A forma de presentación indicarase nesta mesma web.
  • Pagamento: O número de conta será facilitado no seu momento nesta mesma páxina web.
  • Comezo dos campamentos: O luns 27 de xuño de 2022 comezará a primeira quenda.

NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTATE!!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión