Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Semana Deportiva de Nadal - 2021

Convocatoria para participar na Semana Deportiva de Nadal 2021, onde se realizarán actividades deportivas dirixidas por persoal especializado.

Como non foi necesario realizar o sorteo, todas as persoas que cumpren o criterio de idade están admitidas e poderán formalizar a matrícula desde o mércores 15 de decembro ás 08:00h. ata as 14:00h. do 22/12/2021.

A matrícula realizarase de forma presencial en calquera dos rexistros de Deportes, sendo imprescindible solicitar cita previa. Lembramos que pode solicitala na páxina web (https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3) ou no teléfono de atención cidadá 010. 

Para que a matrícula sexa efectiva, haberá que:

  • Presentar cumprimentada a folla de formalización de matrícula que pode descargar aquí:  Folla de Formalización - SEMANA DEPORTIVA NADAL 2021
  • Aboar a taxa correspondente: 21,20€
  • Achegar a documentación complementaria:
    • a) Fotocopias do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
    • b) Alumnado suxeito a tutela: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do/a titor./a

Actividades a realizar nesta semana: Actividades acuáticas en piscina, atletismo, boxeo, escalada, esgrima, golf, actividades de loita, patinaxe sobre xeo, actividades de raqueta, rutas guiadas, xogos deportivos

Así mesmo pode consultar as listaxes subsanadas nas seguintes ligazóns:

9 decembro 2021: LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes para participar na Semana Deportiva de Nadal 2021:

Ábrese un prazo ata as 23:59 h. do 12 de decembro para a subsanación de erros, que deberán ser remitidos por correo electrónico ao enderezo: deportes@coruna.gal.

2 decembro 2021: CONVOCATORIA

Persoas destinatarias: nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, que se organizarán en subgrupos por franxas de idade: de 6-8 anos e de 9-12 anos.

Número de prazas: 96 prazas en total, repartidas ao 50% entre cada grupo de idade. Terán preferencia as persoas empadronadas no Concello da Coruña.

Datas de desenvolvemento: 27 ao 31 de decembro de 2021.

Lugar de desenvolvemento: as actividades da Semana Deportiva de Nadal terán como sede principal a Cidade Deportiva de Riazor, pudendo desprazarse a outras instalacións e espazos da cidade da Coruña para a realización de actividade específicas.

Horario: 08:15-14:00 h.

Custo: a taxa a aboar será de 21,20 € por participante.

Actividades que se van realizar: escalada, patinaxe sobre xeo, natación, tenis, baloncesto, etc., susceptibles de variación.

Indumentaria: acudir con roupa e calzado cómodo. Para as actividades na piscina, deberán levar traxe de baño, toalla, chanclas, gorro e recoméndase tamén gafas de natación.

Recomendacións: levar unha botella de auga identificada co seu nome, así como unha pequena merenda para tomar a media mañá.

Normas xerais covid: será obrigatorio o uso de máscara, agás durante as actividades que se desenvolvan na piscina. Deberán levar máscara de reposto. As persoas participantes non acudirán ás actividades se presentan síntomas compatibles coa covid ou se estiveran en contacto con positivos nos últimos 14 días.

DATAS DO PROCESO DE SOLICITUDE E MATRÍCULA:

  • Presentación de solicitudes: do 2 ao 6 de decembro (ata as 23:59 horas) a través do formulario en liña. Pode acceder na seguinte ligazón: Formulario de solicitude para a Semana Deportiva de Nadal. No formulario de solicitude será imprescindible indicar se o/a menor sabe nadar.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes: 9 de decembro
  • Subsanación de erros: do 10  de decembro e ata as 23:59 horas do 12 de decembro, enviando un correo electrónico a deportes@coruna.gal.
  • Sorteo (de ser necesario): 13 de decembro, ás 09:00 horas.
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 14 de decembro, a partir das 14:00 h.
  • Formalización da matrícula: do 15 ao 22 de decembro, nos rexistros de Deportes da C.D. Riazor, C.D. Torre ou Barrio das Flores, concertando cita previa. Para a formalización da matrícula haberá que abonar a tasa correspondente e presentar o formulario de matrícula cuberto, acompañando a documentación indeicada nas bases.

Documentos relacionados

  • Folla de Formalización - SEMANA DEPORTIVA NADAL 2021 (215 KB)
  • Listaxe Subsanada - ALFABETICA - SEMANA DEPORTIVA NADAL 2021 (520 KB)
  • Listaxe Subsanada - FRANXAS DE IDADE - SEMANA DEPORTIVA NADAL 2021 (534 KB)
  • Listaxe provisional solicitantes Semana Deportiva Nadal 2021_idades (535 KB)
  • Listaxe provisional solicitantes Semana Deportiva Nadal 2021_alfabética (521 KB)
  • CONVOCATORIA - Semana Deportiva de Nadal - 2021 (119 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión