Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos Trimestrais de Golf - 1ºTrimestre 2022

CURSOS DE INICIACIÓN AO GOLF 1º TRIMESTRE (XANEIRO-FEBREIRO-MARZO) DE 2022

22 de decembro 

Publicase a listaxe definitiva dos solicitantes por orde de grupo.

SORTEO PÚBLICO

Unha vez realizado o sorteo público da letra que establecerá a orde de corte para asignación de prazas, pode consultar o resultado no seguinte ligazón: 

Publicación das listaxes definitivas: 22 de decembro

14 de decembro - PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL

Procedese a publicación da listaxe provisional de solicitantes nesta paxina web e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.

Pode consultalos nas seguintes ligazóns:

Prazo de emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións no prazo de 5 días naturais (do 15 ao 19 de decembro). As mesmas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

Seguintes fases da convocatoria:

  • Sorteo público: terá lugar o 20 de decembro de 2021, ás 10:00h, nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor, sacarase unha letra maneira aleatoria que establecera o corte do primeiro apelido a través da páxina web: https://echaloasuerte.com/ 
  • Listaxes definitivas: publicaranse a partir do 22 de decembro de 2021.
  • Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 23 ao 31 de decembro de 2021.

1 de Decembro - PROCEDEMENTO

  • Presentación das solicitudes: As solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 1 ao 10 de decembro de 2021, ambos os dous inclusive; o prazo remata ás 14:00 h do día 10 de decembro.
  • Listaxe provisional de solicitantes: Publicarase a partir do día 14 de decembro de 2021 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións no prazo de 5 días naturais (do 15 ao 19 de decembro). As mesmas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.
  • Sorteo público: terá lugar o 20 de decembro de 2021, ás 10:00h, nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor, sacarase unha letra maneira aleatoria que establecera o corte do primeiro apelido a través da páxina web: https://echaloasuerte.com/ 
  • Listaxes definitivas: publicaranse a partir do 22 de decembro de 2021.
  • Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 23 ao 31 de decembro de 2021.

GRUPOS DE IDADES

  • Infantil: de 6 a 11 anos.
  • Xuvenil: de 12 a 16 anos.
  • Adultos: de 17 anos en diante.

CURSOS OFERTADOS

GRUPO NIVEL DÍAS HORARIO PRAZAS
ADULTOS INICIACIÓN LUNS E XOVES  09:30 a 10:30 8
10:30 a 11:30 8
11:30 a 12:30 8
19:30 a 20:30 8
20:30 a 21:30 8
 MARTES E  VENRES  09:30 a 10:30 8
10:30 a 11:30 8
11:30 a 12:30 8
19:30 a 20:30 8
20:30 a 21:30 8
SÁBADO E DOMINGO  09:30 a 10:30 8
10:30 a 11:30 8
XUVENIL INICIACIÓN LUNS E XOVES 18:00 a 19:00 8
MARTES E VENRES 18:00 a 19:00 8
SÁBADO E DOMINGO 11:30 a 12:30 8
INFANTIL INICIACIÓN  LUNS E XOVES  17:00 a 18:00 8
 MARTES E VENRES 17:00 a 18:00 8
SÁBADO E DOMINGO  12:30 a 13:30 8

Datas de inicio e fin dos cursos:

  • Luns e Xoves  
    • Dende o 3 de xaneiro do 2022 ata o 17 de marzo do 2022
  • Martes e Venres
    • Dende o 4  de xaneiro do 2022 ata o 18 de marzo do 2022
  • Sábados e Domingos
    • Dende o 8 de xaneiro do 2022 ata o 19 de marzo do 2022

Pode consultar as bases da convocatoria no seguinte ligazón:

Documentos relacionados

  • Golf 1º Trimestre 2022 Lista Definitiva por Grupo (221 KB)
  • GOLF 1º TRIMESTRE 2022 - Listaxe Provisional Alfabético (573 KB)
  • GOLF 1º TRIMESTRE 2022 - Listaxe Provisional por Grupo (586 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión