29/12/2021 | LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DAS EDM
Procédese á publicación das listaxes de persoas que obtiveron praza nas EDM nesta convocatoria extraordinaria:
> Listaxe adxudicación de prazas EDM 2021-22_decembro_orde alfabética
> Listaxe adxudicación de prazas EDM 2021-22_decembro_por actividade
> Listaxe definitiva solicitudes descartadas_convocatoria decembro 2021
As persoas que non aparecen nas listaxes de adxudicación de prazas nin na de solicitudes descartadas, non obtiveron praza nesta convocatoria: Listaxe solicitudes EDM 2021-22_sen praza .
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA E PAGO DA TAXA
Lembramos que cada persoa só poderá matricularse nunha única actividade nesta convocatoria aínda que por sorteo entrara nas dúas opcións solicitadas. Polo tanto, as persoas que estean nesa situación deberán elexir.
A formalización da matrícula e pago da taxa (en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 30 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, acudindo ás caixas dos rexistros de Deportes (CD Riazor, CD Torre) ou do 4 ao 7 de xaneiro de 2022 na caixa de Deportes do polideportivo do Barrio das Flores), en horario de 08:15-14:00 h. en todos os casos.
Para acudir aos rexistros e formalizar a matrícula, será necesario concertar cita previa, a través da páxina web (cita previa) ou no teléfono de atención cidadá 010. Deberá solicitarse unha cita por cada matrícula que se vaia realizar, de tal xeito que se unha mesma persoa vai facer máis dunha matrícula (para si mesma e outras persoas), concertará tantas citas como matrículas (Na web de cita previa haberá de seleccionarse o trámite "Presentar calquera solicitude destinada a deportes").
Pode descargar o documento de formalización da matrícula, así como a autorización de recollida de menores, de ser necesario, nas seguintes ligazóns:
> Documento de formalización de matrícula EDM 2021-22
> Documento de autorización de recollida de menores
Ademais, a documentación que debe acompañarse para a matrícula relaciónase a continuación:
As persoas que neste prazo non formalicen a matrícula e non abonen a taxa correspondente, entenderase que renuncian á praza e quedará a libre disposición a partir do luns 10 de xaneiro de 2022.
27/12/2021 | SORTEO do número para a asignación de prazas das EDM
O número obtido no sorteo, para establecer a orde para a adxudicación de prazas nas EDM nesta convocatoria extraordinaria, foi o 146.
Pode consultar o sorteo do número na seguinte ligazón: https://echaloasuerte.com/number/5cbcb825-1534-46e5-950b-a2c243fb92fd
22/12/2021 | LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITANTES
Publícanse as listaxes provisionais de solicitantes das actividades das Escolas Deportivas Municipais nesta convocatoria extraordinaria de decembro:
Ábrese un prazo de 2 días naturais (ata as 23:59 h. do 24/12/2021) para alegacións e corrección de erros, que deberán realizarse preferentemente a través do correo electrónico ao enderezo deportes@coruna.gal. No caso de non dispoñer dos medios necesarios, poderá realizarse no teléfono 981 18 98 00, extensión 25037 ou 25038 (En horario de 08:00-15:00 h.).
No correo electrónico figurará no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.
Durante este prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas nin se atenderá a outros datos mais que os consignados no formulario de solicitude.
10/12/2021 | CONVOCATORIA
OBXECTO
Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria extraordinaria pública pola que se ofertan á cidadanía as prazas libres nas actividades das Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2021-2022 con motivo da eliminación das restricións de aforo que provocara a situación sanitaria da Covid-19, así como a convocatoria de novas actividades e grupos. As persoas que obteñan praza se incorporarían ás actividades en xaneiro, finalizando en xuño de 2022.
Todas as datas que se indicarán nas seguintes bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de xeito que, se acontecese algún imprevisto en algunha das fases do procedemento, o Servizo Municipal de Deportes pode cambialas motivadamente sen necesidade de modificar as presentes bases; sempre e cando se respecten os prazos previstos para cada trámite e previa publicación nesta páxina web.
Nestas bases regúlase a convocatoria pública das prazas libres das EDM das instalacións deportivas xestionadas directamente polo Concello da Coruña. Pode descargar as bases ao pe da páxina.
PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán participar neste procedemento as persoas que non teñan xa concedida dúas actividades nunha EDM, xa sexa do propio Concello ou de San Diego ou San Amaro.
As EDM están dirixidas, preferentemente, ás persoas empadroadas na cidade da Coruña. Sen embargo, permítese que soliciten praza aquelas persoas que, aínda non estando empadroadas nesta cidade, desexen acceder a elas, tendo en conta que terán preferencia as empadroadas.
Cada persoa deberá solicitar unha praza en función da súa idade. Para estes efectos tomarase como consideración a idade cumprida a 31 de decembro de 2021.
As persoas con discapacidade poderán solicitar praza nunha Escola Deportiva Municipal, tendo en conta o seguinte:
O alumnado e, no seu caso, quen ostente a súa garda e custodia ou a súa tutela, deberá facer unha declaración responsable de que non padece ningunha enfermidade que lle incapacite para a práctica da actividade deportiva. De incorrer en falsidade, a persoa será dada de baixa de oficio sen dereito á devolución das taxas aboadas. Se padece algún tipo de discapacidade ou existe calquera dato relevante que poida incidir na práctica deportiva deberá achegar informe médico dirixido ao SMD no momento da súa matrícula. No suposto de concorrer algún indicio de que a persoa poida atoparse nalgunha destas circunstancias, o SMD poderá requirirlle expresamente a achega de certificado médico ou documento equivalente.
NORMAS XENÉRICAS E PRAZOS
Presentación de solicitudes |
13 de decembro ao 17 de decembro ás 23:59h |
Listaxe provisional de solicitantes |
22 de decembro a partir das 14:00h |
Corrección de erros |
23 de decembro desde as 8:00h ao 24 de decembro ás 23:59h |
Sorteo (no caso de ser necesario) |
27 de decembro ás 09:00h |
Listaxe adxudicación de prazas |
29 de decembro a partir das 14:00h |
Matrículas |
30 de decembro 2021 desde as 8:15h ao 7 de xaneiro de 2021 ás 14:00h |
Presentación de solicitudes (Prazas vacantes) |
A partir do 10 de xaneiro |
Comezo das clases (novas persoas inscritas) | 10 de xaneiro de 2022, segundo os días da actividade correspondente |
LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR ALUMNO/A
Inicialmente, soamente se poderá obter unha praza neste proceso da convocatoria. Na solicitude de preinscrición poderanse elixir ata dúas opcións (por orde de preferencia) co fin de poder obter unha delas.
Posteriormente, no caso de que queden prazas libres, as persoas que o desexen poderán obter unha praza vacante pagando a taxa correspondente e sen necesidade de participar en ningún procedemento.
RELACIÓN PRAZAS NAS ACTIVIDADES DAS EDM
Para as E.D.M. de Natación de 9-11, 12-17, +18 e +60 anos é obrigatorio saber nadar 25m sen utilizar material auxiliar ni apoios.
FRANXA IDADE | ACTIVIDADE | HORARIO | PRAZAS LIBRES |
---|---|---|---|
6-8 ANOS | AIKIDO 6-8 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | ME 18:00-19:00 | 3 |
BOXEO 6-8 DOUS DIAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 17:00-18:00 | 7 | |
CICLISMO 6-8 DOUS DIAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 18:00-19:00 | 8 | |
IUDO 6-8 AÑOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | LU 18:00-19:00 | 2 | |
MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 17:00-18:00 | 4 | |
MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 18:00-19:00 | 1 | |
MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 19:00- 20:00 | 6 | |
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | LUNS 16:30-17:15 | 6 | |
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | ME 16:30-17:15 | 6 | |
PATINAXE 6-8 DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) | LU-ME 16:45-17:30 | 7 | |
PATINAXE 6-8 DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) | LU-ME 17:30-18:15 | 6 | |
XIMNASIA INICIACIÓN 6-8 DOUS DÍAS (Pº S. FAMILIA) | MA-XO 18:00-18:45 | 8 | |
XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | LUNS 17:00-17:55 | 6 | |
9-11 ANOS | AIKIDO 9-11 ANOS DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 18:00-19:00 | 8 |
BADMINTON 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 18:00-19:00 | 13 | |
BOXEO 9-11 DOUS DIAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 18:00-19:00 | 1 | |
CICLISMO 9-11 DOUS DIAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 18:00-19:00 | 2 | |
ESGRIMA 9-11 DOUS DÍAS (CASA DA AUGA) | LU-ME 18:00-19:00 | 8 | |
IUDO 9-11 ANOS DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-VE 19:00-20:00 | 5 | |
NATACIÓN 9-11 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | VE 17:15-18:00 | 12 | |
NATACIÓN 9-11 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | VE 17:15-18:00 | 12 | |
NATACIÓN 9-11 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | LUNS 16:30-17:15 | 12 | |
NATACIÓN 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 17:15 -18:00 | 10 | |
NATACIÓN 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 18:00-18:45 | 2 | |
NATACIÓN 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 18:45-19:30 | 12 | |
PATINAXE 9-11 DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) | LU-ME 19:00-19:45 | 6 | |
PATINAXE 9-11 DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) | LU-ME 19:45-20:30 | 2 | |
TENIS 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 17:00-18:00 | 2 | |
TENIS 9-11 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | LU - ME 19:00-20:00 | 3 | |
WATERPOLO 9-11 (C.D. RIAZOR) | ME 16:00-17:00 e VE 18:00-19:00 | 6 | |
WATERPOLO 9-11 (C.D.RIAZOR) | MA - VE 16:00-17:00 | 6 | |
XIMNASIA INICIACIÓN 9-11 DOUS DÍAS (Pº S. FAMILIA) | MA-XO 18:45-19:30 | 7 | |
XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | LUNS 17:00-17:55 | 10 | |
12-17 ANOS | ATLETISMO 12-17 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 19:00-20:00 | 8 |
BADMINTON 12-17 DOUS DÍAS RIAZOR (C.D. RIAZOR) | MA-XO 19:00-20:00 | 10 | |
CICLISMO 12-17 TRES DIAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 19:00-20:00 | 5 | |
ESCALADA 12-17 DOUS DIAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 19:00-20:00 | 1 | |
ESGRIMA 12-17 TRES DÍAS (CASA DA AUGA) | LU-ME-VE 19:00-20:00 | 10 | |
NATACIÓN 12-17 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) | ME 16:30-17:15 | 12 | |
NATACIÓN 12-17 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 18:45-19:30 | 2 | |
NATACIÓN 12-17 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 19:30-20:15 | 1 | |
PADEL 12-17 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 18:00-19:00 | 1 | |
PATINAXE 12-17 DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) | LU-ME 19:45-20:30 | 5 | |
TENIS 12-17 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | ME-VE 18:00-19:00 | 3 | |
TENIS 12-17 DOUS DÍAS (C.D.TORRE) | LU-ME 18:00-19:00 | 3 | |
TENIS 12-17 DOUS DÍAS(Pº NOVO MESOIRO) | ME-VE 16:00-17:00 | 1 | |
XIMNASIA INICIACIÓN 12-17 DOUS DÍAS (Pº S. FAMILIA) | MA-XO 19:30-20:15 | 5 | |
+18 ANOS | ADESTRAMENTO +18 INTENSO DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 17:30-18:30 | 4 |
ADESTRAMENTO +18 MOI INTENSO DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 16:15 - 17:15 | 6 | |
ADESTRAMENTO +18 MOI INTENSO DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 08:00-09:00 | 6 | |
BADMINTON +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 8:00-08:55 | 10 | |
BÁDMINTON +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 12:00-13:00 | 12 | |
BAILE DEPORTIVO +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 16:00-17:00 | 6 | |
ESPALDA SANA +18 UN DÍA (C.D. RIAZOR) | VE 19:00-20:00 | 10 | |
GAP Y BAL +18 INTENSO DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 21:00-21:45 | 3 | |
GAP Y BAL +18 INTENSO TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VI 11:15-12:00 | 9 | |
IOGA +18 DOUS DÍAS TORRE | MA-XO 09:15-10:15 | 6 | |
MANTEMENTO +18 DOUS DÍAS (Pº ROSALES) | MA-XO 10:00-11:00 | 3 | |
MANTEMENTO +18 DOUS DÍAS (Pº ROSALES) | MA-XO 18:00-19:00 | 1 | |
MANTEMENTO +18 DOUS DÍAS RIAZOR (C.D. RIAZOR) | MA-VE 21:00-22:00 | 2 | |
MANTEMENTO +18 DOUS DÍAS RIAZOR (C.D. RIAZOR) | MA-XO 10:00-11:00 | 2 | |
MANTEMENTO +18 DOUS DÍAS RIAZOR (C.D. RIAZOR) | MA-XO 11:00-12:00 | 2 | |
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | LU-ME-VE 21:30-22:30 | 1 | |
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº S. FAMILIA) | LU-ME-VE 20:00-21:00 | 1 | |
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº S. FAMILIA) | LU-ME-VE 21:00-22:00 | 4 | |
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº S. FCO XAVIER) | LU-ME-VE 20:00-21:00 | 10 | |
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº S. FCO XAVIER) | LU-ME-VE 21:00-22:00 | 7 | |
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS RIAZOR (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 11:00-12:00 | 1 | |
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS RIAZOR (C.D. RIAZOR) | LU-ME-XO 21:00-22:00 | 3 | |
MARCHA NÓRDICA +18 DOUS DÍAS (C.D.TORRE) | LU-ME 11:30-12:30 | 14 | |
MARCHA NÓRDICA +18 DOUS DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | MA-XO 12:30-13:30 | 14 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 18:00-18:45 | 2 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 18:45-19:30 | 3 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 19:30-20:15 | 5 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 20:15-21:00 | 1 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 21:00-21:45 | 3 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 21:45-22:30 | 1 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 08:45-09:30 | 1 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 09:30-10:15 | 1 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 11:45-12:30 | 3 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 12:30-13:15 | 2 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 18:00-18:45 | 1 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 18:45-19:30 | 5 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 20:15-21.00 | 2 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 21:00-21:45 | 2 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 21:45-22:30 | 4 | |
NATACIÓN +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 19:30-20:15 | 2 | |
NATACIÓN +18 INTENSO DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 21:45-22:30 | 5 | |
NATACIÓN +18 MOI INTENSO DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 21:45-22:30 | 9 | |
NATACIÓN +18 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 08:00-08:45 | 4 | |
NATACIÓN +18 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 08:45-09:30 | 3 | |
NATACIÓN +18 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 09:30-10:15 | 5 | |
NATACIÓN +18 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 10:15-11:00 | 4 | |
NATACIÓN +18 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 11:00-11:45 | 3 | |
NATACIÓN +18 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 12:30-13:15 | 4 | |
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | LU-ME 10:00-11:00 | 8 | |
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | LU-ME 11:00-12:00 | 8 | |
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | LU-ME 20:00-21:00 | 8 | |
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 10:00-11:00 | 8 | |
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 11:00-12:00 | 8 | |
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 20:00-21:00 | 8 | |
PILATES +18 DOUS DÍAS (ROSALES) | MA-XO 08:00-09:00 | 1 | |
PILATES +18 DOUS DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | LU-ME 10:00-11:00 | 2 | |
PILATES +18 DOUS DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | MA-XO 09:30-10:30 | 4 | |
TENIS +18 DOUS DÍAS (CASINO ZAPATEIRA) | LU-ME 10:00-11:00 | 8 | |
TENIS +18 DOUS DÍAS (CASINO ZAPATEIRA) | LU-ME 11:00-12:00 | 8 | |
+60 ANOS | ESPALDA SANA +60 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 16:30-17:30 | 10 |
ESPALDA SANA +60 UN DÍA(C.D. RIAZOR) | VE 18:00-19:00 | 10 | |
IOGA +60 DOUS DÍAS (ROSALES) | LU-ME 11:30-12:30 | 14 | |
MANTEMENTO +60 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 10:30-11:15 | 4 | |
MANTEMENTO +60 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 12:00-12:45 | 4 | |
MANTEMENTO +60 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 12:45-13:30 | 9 | |
MANTEMENTO +60 DOUS DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | ME - VE 09:00-10:00 | 6 | |
MANTEMENTO +60 INTENSO DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 13:00-14:00 | 2 | |
MANTEMENTO +60 INTENSO TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 08:00-09:00 | 4 | |
MANTEMENTO +60 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 10:30-11:15 | 5 | |
MANTEMENTO +60 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 12:00-12:45 | 8 | |
MANTEMENTO +60 TRES DÍAS (C.D. TORRE) | LU-ME-VE 12:00-12:45 | 5 | |
MANTEMENTO +60 TRES DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | LU-MA-XO 09:00-10:00 | 6 | |
MANTEMENTO +60 TRES DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | LU-MA-XO 11:00-12:00 | 1 | |
NATACIÓN +60 INICIACIÓN. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 10.00-10.45 | 5 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 09:00-09:40 | 3 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 10:20-11:00 | 3 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 11:00-11:40 | 6 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 11:40-12:20 | 9 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 12:20-13:00 | 10 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 13:00-13:40 | 4 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | MA-XO 13:40-14:20 | 10 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 08:20-09:00 | 1 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 09:00-09:40 | 4 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 09:40-10:20 | 6 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 10:20-11:00 | 5 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 11:00-11:40 | 7 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 11:40-12:20 | 8 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 12:20-13:00 | 7 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 13:00-13:40 | 8 | |
NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 13:40-14:20 | 6 | |
PILATES +60 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME 19:00-20:00 | 14 | |
PILATES +60 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) | MA-XO 10:15-11:00 | 14 | |
PILATES +60 DOUS DÍAS (Pº BARRIO FLORES) | LU-ME 11:00-12:00 | 14 | |
PILATES +60 INTENSO TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) | LU-ME-VE 12:00-13:00 | 2 |
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes faranse, do 13 ao 17 de decembro de 2021 (ata as 23:59 h.) polos seguintes medios:
Cada persoa poderá presentar unha única solicitude de prescrición. Dentro da solicitude poderá elixir ata un máximo de dúas opcións, con orde de preferencia, non podendo repetir a mesma actividade nas dúas opcións.
No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
No caso das solicitudes para menores de idade, consignaranse tamén os datos do pai/nai ou titor/a. En todo o procedemento, o NIF que se publicará será o do pai, nai ou titor/a, que será o que se asocie coa solicitude da persoa menor de idade.
No caso de que se vaian solicitar prazas para varios fillos ou fillas, deberá:
1. Realizar unha solicitude preinscrición por cada fillo ou filla, cubrindo unha solicitude por cada menor na páxina web e de forma continuada no tempo.
2. Realizar todas as solicitudes de preinscricións relativas aos menores dunha mesma familia (irmáns e irmás) cun mesmo NIF correspondente ao pai, nai ou titor/a.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE SOLICITANTES
Unha vez presentadas todas as solicitudes de preinscrición, confeccionarase unha listaxe por orde cronolóxica de chegada ascendente de hora, minuto e segundo e asignaráselle a cada unha delas un número de solicitude en función desa orde. O número de solicitude terá 4 díxitos e será o que se tome de referencia en todo o procedemento.
No suposto de que existan dúas ou máis solicitudes presentadas no mesmo momento asignaráselles o número tendo en conta a orde alfabética (tamén ascendente) dos apelidos.
A listaxe publicarase para coñecemento xeral o día 22 de decembro de 2021 a partir das 14:00 horas e poderase consultar na páxina web de Deportes. Para a consulta telefónica da listaxe habilítanse os seguintes teléfonos: - 981 18 98 00, ext. 25001(CD. Riazor) - 981 18 98 06 (Polideportivo do Barrio das Flores) - 981 18 98 04 (CD Torre) - Teléfono de información gratuíta 010.
PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS SOBRE A LISTAXE DE SOLICITANTES
No caso de que se observe algún erro na listaxe de solicitantes, abrirase un prazo para alegacións e corrección de erros, preferentemente a través do correo electrónico deportes@coruna.gal. No caso de non dispoñer dos medios necesarios, poderá realizarse no teléfono 981 18 98 00, extensión 25037 ou 25038.
No correo electrónico figurará no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.
Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas nin se atenderá a outros datos mais que os consignados no formulario de solicitude.
Realizaranse alegacións durante os días 23 e 24 de decembro de 2021. O prazo rematará o día 24 de decembro ás 23:59 horas.
SORTEO PÚBLICO
Nos supostos en que existan máis solicitudes que prazas vacantes, celebrarase un sorteo público para establecer a orde de adxudicación na páxina web https://echaloasuerte.com/draw/new/number/ ou a través do procedemento de insaculación, retirando un número para as unidades, outro para as decenas, outro para as centenas e outro para as unidades de millar.
A orde de preferencia para a adxudicación de prazas nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:
a) As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
b) A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
c) O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público.
O sorteo realizarase o día 27 de decembro ás 09:00 horas.
O sorteo publicarse na páxina web da Concellaría de Deportes así como nas redes sociais da mesma concellaría.
PRAZAS VACANTES
A Concellaría de Deportes publicará na páxina web municipal (www.coruna.gal/deportes) a listaxe de prazas que puideran quedar libres logo de resolver esta convocatoria extraordinaria.
A publicación farase o día 7 de xaneiro de 2022 e ata o 4 de febreiro de 2022, todos os venres a partir das 14:00 h na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010, permanecendo abertas as matriculas ata as 14:00 h do venres seguinte á última publicación. Así mesmo, na devandita páxina web, indicarase o xeito de proceder con estas matriculas.
Exceptúanse do punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos só permanecerán abertas as matriculas ata o 30 de decembro, salvo que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, se decida excepcionalmente permitir a matriculación nun período posterior.
Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, con preferencia para as persoas empadroadas na cidade da Coruña, sexan ou non alumnos/as das EDM.
Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que, se xa se alcanzou este límite, non se poderá solicitar unha praza vacante.
PAGO DA TAXA E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Publicarase a listaxe das persoas que obtiveron praza o día 29 de decembro de 2021 a partir das 14:00 horas. Para que a matrícula sexa efectiva o alumnado deberá cubrir o formulario de matrícula que se achega como Anexo e que estará colgado na páxina web municipal e pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanzas Fiscal número 15 do Concello da Coruña.
A Ordenanza contempla tarifas reducidas para maiores de 65 anos e por rendemento económico ou IPREM (para o cal deberán aportar a documentación preceptiva con carácter previo á data de matriculación).
A formalización e pago da taxa (en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 30 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, acudindo ás caixas de Deportes (CD Riazor, CD Torre) ou do 4 ao 7 de xaneiro de 2022 na caixa de Deportes do polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa e en horario de 08:15 a 14:00 h. (Seleccionando na web de cita previa o trámite: "Presentar calquera solicitude destinada a Deportes"). Será necesario concertar tantas citas previas como matrículas se vaian formalizar.
En todo caso, débese pagar a taxa antes de acudir á actividade, consonte coa Ordenanza fiscal número 15, reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais, con independencia do día do mes en que a persoa pague a taxa correspondente, o cálculo do importe da taxa farase computando o mes completo, non sendo divisible o importe da taxa en función do número de días que falten para rematar o mes.
De acordo coa mesma ordenanza so se poderá solicitar a devolución da taxa correspondente, no caso de que as actividades para as que se solicita a matricula non comezaran.
As persoas que nese prazo non formalizaran a matrícula e pagaran a taxa correspondente, entenderase que renuncian á praza.
Documentación que debe acompañarse para a matrícula:
a) Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
b) A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopias do DNI e do DNI dos proxenitores.
c) Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.
d) Maiores de 18 anos: Fotocopia do DNI
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible