Procédese á publicación das prazas dispoñibles desta convocatoria das Escolas Deportivas Municipais para o Curso 2023/24
A QUEN VAN DIRIXIDAS?
Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, sexan ou non alumnos/as das EDM.
Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que se xa se alcanzou este límite non se poderá matricular en ningunha das prazas vacantes.
PERIODOS DE ACTUALIZACIÓN DE PRAZAS:
CAMBIOS DE HORARIO AO LONGO DO CURSO ESCOLAR:
Aquelas persoas que por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, (por exemplo: de natación a natación) poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán cada venres, desde o 9 de outubro ao último venres de xaneiro de 2024 (respetando os periodos por franxa de idade) e que estarán a libre disposición.
No seu caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferencia no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días a semana).
Rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.
Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
A matrícula (tanto nova alta coma cambio de horario) formalizarase en calquera dos rexistros do Servizo Municipal de Deportes situados na C.D. Riazor, C.D. Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores (este rexistro permanecera pechado a semana do 9 ao 13 de outubro) en horario de maña de 08:00 a 14:00h. Para acudir a estes rexistros, será necesario concertar cita previa, a través da páxina web (https://citaprevia.coruna.gal/) ou no teléfono de atención cidadá 010, deberá solicitarse unha cita por cada matrícula que se vaia realizar, de tal xeito que se unha mesma persoa vai facer máis dunha matrícula (para si mesma e outras persoas), concertará tantas citas como matrículas se queran formalizar.
Prégase máxima puntualidade. Non se atenderá a ningunha persoa antes nin depois da hora da súa cita.
Documentación que debe acompañar
Non se garante a dispoñibilidade da praza no momento da formalización, dado que se adxudican por orde de cita previa solicitada.
CADRO DE PRAZAS DISPOÑIBLES:
Pode consultar as prazas dispoñibles a continuación, actualizadas a 26 de xaneiro 2024. De acordo co punto 3.9 das bases da convocatoria, trátase da última publicación de prazas libres para o curso 2023-2024, quedando o prazo de matrícula pechado a partir do 2 de febreiro de 2024:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible