Os Campamentos Deportivos da Deputación deste Verán 2022 van dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello da Coruña nados entre o 1 de xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013.
LISTAXE DEFINITIVO DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS
Procédese á publicación da listaxe de asignación de prazas das persoas solicitantes para o Campamento de Verán 2022 - Deputación da Coruña, que terá lugar no IES Rosalía Mera (antigo IES Calvo Sotelo).
Número de corte obtido no sorteo público do 23/05/2022: 146
Pode consultalo na seguinte ligazón:
No caso de ter que avisar ás persoas en listaxe de agarda, continuaríase dende a última persoa con praza asignada (SABIO D., CLOE) seguindo este listado e tendo sempre a preferencia quen figure coma EMPADROADO/A no Concello da Coruña e que NON REALIZASE NINGÚN CAMPAMENTO de VERÁN da Deputación da Coruña.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
SOLICITUDE DESCARTADA: PAZ V. TRIANA unha vez rematado do prazo de emenda de erros, non cumpre o criterio de idade (nados entre o 01/01/2008 e 31/12/2013).
CRITERIOS DE ELABORACIÓN DESTA LISTAXE:
23 de maio - SORTEO PÚBLICO
Unha vez realizado o sorteo hoxe as 10:00h a traves da paxina web echaloasuerte.com, o resultado do mesmo e o nÚmero:
146
Pode consultar o resultado a traves da seguinte ligazón,
Lembramos que o numero de prazas a asignar son 30
SEGUINTES FASES DA CONVOCATORIA:
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 26 ao 31 de maio de 2022. (pendente de dispoñibilidade do numero de conta bancaria)
ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 30 prazas en periodo ordinario): 1 e 2 de xuño
20 de maio - LISTAXE PROVISIONAL
Procedese a publicación da listaxe provisional de solicitantes para a Campaña de Veran 2022 - Deputación da Coruña que terá lugar no IES Rosalia Mera (Antigo Calvo Sotelo), pode consultalo na seguinte ligazón, tanto en modo alfabético coma por orde de número:
Ábrese un prazo de subsanación de erros dende a publicación da listaxe provisional ata o 22 de maio ás 23:59h a través do correo electrónico: gestiondeportes@coruna.gal
SEGUINTES FASES DA CONVOCATORIA
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 26 ao 31 de maio de 2022.
ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 30 prazas en periodo ordinario): 1 e 2 de xuño
25 de abril - CONVOCATORIA
SEDE CAMPAMENTO:
IES Rosalía Mera Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA)
DURACIÓN: Dende o domingo 17 de xullo (chegada para cear) ata o venres seguinte 22 de xullo (saída tras o almorzo).
QUENDA: 4ª QUENDA - do 17 ao 22 de xullo
PRAZAS: 30 prazas
CHEGADA: O domingo pola tarde entre as 18:00 horas e as 19:30 horas no IES Rosalía Mera.
REGRESO: O venres seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.
COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2022", ademais do nome do/a participante inscrito e concello ao que pertence. As cotas ingresadas non se devolverán. O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.
INCLÚE: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.
EQUIPO RECOMENDADO
MATERIAL: O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.
PRAZOS DA CONVOCATORIA
INSCRICIÓNS: No seguinte formulario, ata o 19 de maio de 2022 ás 14:00h.
Consideracións:
LISTAXE PROVISIONAL: 20 de maio. Neste listaxe asignarase un numero por orde de entrada a cada solicitude, o cal utilizarase para establecer o corte no sorteo de adxudicación de prazas.
EMENDA DE ERROS: dende a publicación da listaxe provisional ata o 22 de maio ás 23:59h.
SORTEO: o día 23 de maio ás 10:00 horas, empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/
LISTAXE DEFINITIVA: 25 de maio de 2022 a partir das 14:00h.
Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 23 de maio e as seguintes preferencias:
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 30 prazas en periodo ordinario):
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible