Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campamentos de Verán 2023 - Deputación da Coruña

Os Campamentos Deportivos da Deputación deste Verán 2023 van dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello da Coruña nados entre o 1 de xaneiro do 2009 e o 31 de decembro do 2014.

27 de XUÑO - 1º CHAMAMENTO DE LISTAXE DE AGARDA

Procédese á publicación da listaxe de asignación de prazas para as persoas en listaxe de agarda neste 1º chamamento de listaxe agarda, para o Campamento de Verán 2023 - Deputación da Coruña, que terá lugar no IES Rosalía Mera (antigo IES Calvo Sotelo).

Unha vez rematado o prazo ordinario de formalización de matrículas para o Campamento de Verán 2023 - Deputación da Coruña e quedando prazas sen cubrir, comunicamos que lle corresponde praza aos nenos que figuran en nesta listaxe entre os postos 1 a 17, sendo o primeiro GARCIA C. IAGO e sendo a derradeira persoa con dereito a matrícula FERNANDEZ J. MARTINA, pode consultalo na seguinte ligazón

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 27 ao 29 de xuño de 2023 ata as 23:59h a traves do correo programasdeportivos@coruna.gal, achegando a seguinte documentación:

  • Triptico cuberto e asinado polo pai nai ou titor
  • Xustificante bancario, unha vez aboada a cota de 85€, especificando no "concepto" nome e apelidos do/a neno/a, concello e "Campamento deportivoDeputación 2023". pode consultar aqui o Número de Conta
  • Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia do solicitante.
  • No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certicado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación especíca ou alerxia alimentario ou doutro tipo.

CRITERIOS DE ELABORACIÓN DESTA LISTAXE:

  1. Empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  2. Empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  3. NON empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  4. NON empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación

21 de XUÑO - ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Procédese á publicación da listaxe de asignación de prazas e listaxe de agarda para as persoas solicitantes para o Campamento de Verán 2023 - Deputación da Coruña, que terá lugar no IES Rosalía Mera (antigo IES Calvo Sotelo).

Número de corte obtido no sorteo público do 19 de Xuño de 2023: 0004

Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

CRITERIOS DE ELABORACIÓN DESTA LISTAXE:

  1. Empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  2. Empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  3. NON empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  4. NON empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación

No caso de ter que avisar ás persoas en listaxe de agarda, continuaríase dende a última persoa con praza asignada (NOVAS B., DANIEL) seguindo a listaxe e tendo sempre a preferencia quen figure coma EMPADROADO/A no Concello da Coruña e que NON REALIZASE NINGÚN CAMPAMENTO de VERÁN da Deputación da Coruña.

SOLICITUDES DESCARTADAS

As seguintes solicitudes foron descartadas por non atoparse no rango de idade que establece a Deputación para participar nestes campamentos deportivos, nenos nados entre o 1 de xaneiro do 2009 e o 31 de decembro do 2014:

  • GOMEZ R., ADRIAN
  • BURGOS P., PEDRO
  • SANCHEZ S., CARLOS
  • DEL RIO C., DAVID
  • GUERREIRO F., GASPAR

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 22 ao 26 de xuño de 2023 ata as 14:00h a traves do correo programasdeportivos@coruna.gal, achegando a seguinte documentación:

  • Triptico cuberto e asinado polo pai nai ou titor
  • Xustificante bancario, unha vez aboada a cota de 85€, especificando no "concepto" nome e apelidos do/a neno/a, concello e "Campamento deportivoDeputación 2023". pode consultar aqui o Número de Conta
  • Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia do solicitante.
  • No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certicado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación especíca ou alerxia alimentario ou doutro tipo.

19 de XUÑO - LISTAXE DEFINITVA DE SOLICITANTES E SORTEO 

Unha vez rematado o prazo de subsanación de erros (do 15 ao 18 de xuño), procedese a publicación da listaxe definitiva de solicitantes para a Campaña de Veran 2023 - Deputación da Coruña o cal publicase a continuación:

SORTEO: Hoxe 19 de xuño ás 14:00h, durante o cal procederase a sacar un número para establecer a orde de asignación, o cal estará comprendido entre os números da primeira e a ultima solicitude rexistradas correctamente (0001 e 0152), pode seguilo a traves da seguinte ligazón:

Número Agraciado no sorteo: 4

LISTAXE ASIGNACIÓN DE PRAZAS: 21 de xuño de 2023 a partir das 14:00h.

Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo realizado o día 19 de xuño as 14:00h e as seguintes preferencias:

  • SI Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que NON realizasen campamentos de verán da Deputación
  • SI Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que SI realizasen campamentos de verán da Deputación
  • NON empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que NON realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  • NON empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que SI realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)

15 de XUÑO - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Procedese a publicación da listaxe provisional de solicitantes para a Campaña de Veran 2023 - Deputación da Coruña que terá lugar no IES Rosalia Mera (Antigo Calvo Sotelo) do 23 a o 28 de xullo de 2023 para nenos empadroados no Concello da Coruña

Pode consultalo na seguinte ligazón:

Prazo de subsanación de erros: Dende a publicación da listaxe provisional ata o 18 de xuño ás 23:59h a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal

SEGUINTES FASES DA CONVOCATORIA:

  • Data de publicación da listaxe definitiva de solicitantes: 19 de xuño a partir das 10:00h. Neste listaxe asignarase un numero por orde de entrada a cada solicitude, o cal utilizarase para establecer o corte no sorteo de adxudicación de prazas. 
  • Sorteo: 19 de xuño a partir das 14:00h, empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/ 

19 de MAIO - CONVOCATORIA 

SEDE CAMPAMENTO:

IES Rosalía Mera Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA)

DURACIÓN: Dende o domingo 23 de xullo (chegada para cear) ata o venres seguinte 28 de xullo (saída tras o almorzo).

QUENDA: 4ª QUENDA - do 23 ao 28 de xullo

PRAZAS: 28 prazas

CHEGADA: O domingo pola tarde entre as 18:00 horas e as 19:30 horas no IES Rosalía Mera.

REGRESO: O venres seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2023", ademais do nome do/a participante inscrito e concello ao que pertence. As cotas ingresadas non se devolverán. O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas)
  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina)
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Saco de durmir e lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena

MATERIAL: O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

PRAZOS DA CONVOCATORIA

INSCRICIÓNS: No seguinte formulario, ata o 7 de xuño de 2023 ás 23:59h.

Consideracións: 

  • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña que non participasen en ningún Campamento de Verán da Deputación da Coruña.
  • De existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.
  • No caso de que se detecten máis dunha solicitude por persoa, terase en conta a derradeira realizada.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES:

  • 15 de xuño a partir das 14:00h. 

EMENDA DE ERROS:

  • dende a publicación da listaxe provisional ata o 18 de xuño ás 23:59h.

LISTAXE DEFINITIVO DE SOLICITANTES:

  • 19 de xuño a partir das 10:00h. Neste listaxe asignarase un numero por orde de entrada a cada solicitude, o cal utilizarase para establecer o corte no sorteo de adxudicación de prazas. 

SORTEO: 

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: 

  • 21 de xuño de 2022 a partir das 14:00h.

Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 12 de xuño e as seguintes preferencias:

  • Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  • Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  • Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  • Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: 

  • Do 22 ao 26 de xuño de 2023 ata as 14:00h.

ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 28 prazas en periodo ordinario):

  • A partir do 27 de xuño

Documentos relacionados

  • 1º CHAMAMENTO LISTAXE DE AGARDA - Campamentos Deportivos da Deputación Veran 2023 (443 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión