Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campaña de Neve 2023 - Deputación da Coruña

13-01-2023_NÚMERO DE CONTA 

Informamos, para as persoas con praza formalizada, dos datos de pago para aboar a cota da Campaña de neve 2023 que ven de publicar a Deputación da Coruña.

Unha vez efectuado o pago, deberán remitir, antes do mércores 18 de xaneiro, copia do resgardo por correo electrónico ao enderezo deportes@coruna.gal, poñendo no Asunto "Campaña de neve + nome do/a participante".

No caso de non achegar o resgardo no prazo indicado, entenderase como unha renuncia  á praza e activarase a listaxe de agarda.

Para o abono da cota os datos son os seguintes:

  • ENTIDADE: ABANCA Corporación Bancaria, S.A.
  • IBAN: ES64 2080 0040 6830 4002 7034
  • TITULAR: EMBAJADOR 1992, S.L.
  • IMPORTANTE: no concepto poñer só "nome e apelidos do/a neno/a, concello e Campaña de neve 2023".

Poden consultar máis información de interese na web da Deputación.

22-12-2022_LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA

Despois da celebración do sorteo, no que saíu o número 185 que servíu de corte para a adxudicación das 30 prazas correspondentes á quenda do Concello da Coruña na Campaña de neve da Deputación da Coruña, e tendo en conta que teñen preferencia as persoas que non participaran noutra campaña de neve da Deputación, procédese á publicación das listaxes de adxudicación de prazas e de agarda:

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS

Aquelas persoas que na listaxe aparezan coa indicación "TEN PRAZA" deberán formalizar a súa inscrición do 22 ao 28 de decembro de 2022 enviando, a través do correo electrónico deportes@coruna.gal, a documentación solicitada pola Deputación da Coruña.

Para inscribirse será necesario enviar (prégase enviar a documentación de cada persoa nun único arquivo en formato pdf, evitando arquivos de imaxe pesados): 

  1. Ficha de inscrición da Deputación da Coruña. Pode descargala na seguinte ligazón:  Folla de inscrición - Campaña de neve 2023
  2. Foto de carné.
  3. Fotocopia do documento de asistencia sanitaria.
  4. Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade da persoa participante.
  5. Xustificante de pago da cota (unha vez adxudicadas as prazas, informarase da conta onde se realizará o ingreso, no que se fará constar "CAMPAÑA DE NEVE 2022 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA" - CONCELLO DA CORUÑA e NOME da nena/o). PENDENTE DA PUBLICACIÓN DO NÚMERO DE CONTA NA WEB DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
  6. No caso de tratamento específico ou doenza que sexa necesario ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Importante facer constar as alerxias alimenticias ou de calquera outro tipo. Autorización para a administración de medicación e información sobre alerxias

En caso de non presentala en tempo e forma, entenderase que renuncian á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.

Nº CORTE PARA A ASIGNACIÓN DAS PRAZAS

O número obtido no sorteo é o 185, será o que servirá de corte para establecer a orde na adxudicación das prazas correspondentes á quenda do Concello da Coruña na Campaña de Neve da Deputación da Coruña 2023.

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS

Tras a finalización do prazo establecido para a corrección de erros, procédese á publicación da listaxe definitiva de solicitude admitidas para a quenda correspondente ao Concello da Coruña na Campaña de Neve 2023 - Deputación da Coruña. A continuación, pódense consultar as listaxes, coa inclusión do número asignado para o sorteo, ordenadas alfabéticamente ou por número de sorteo:

SORTEO

O sorteo celebrarase ás 16:00 h. do 21 de decembro de 2022. Pode seguilo en directo na seguinte ligazón: SORTEO CAMPAÑA NEVE 2023

LISTAXE PROVISIONAL:

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e descartadas da Campaña da Neve 2023:

SUBSANACIÓN DE ERROS:

Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 20 de decembro de 2022. As alegacións presentaranse no seguinte enderezo electrónico deportes@coruna.gal

DESTINATARIOS:

Nenos e nenas empadroados no concello da Coruña, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2022.

Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

QUENDA:

Do 17 de febreiro de 2023 ao 20 de febreiro de 2023, na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

Nº DE PRAZAS: 30

COTA DE INSCRICIÓN:

85 € (oitenta e cinco euros)

O prezo desta campaña inclúe:

  • Transporte,
  • Estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares,
  • Monitores,
  • Clases de esquí,
  • Seguros,
  • Alugamento de material,
  • Remontes mecánicos
  • E todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

PRAZO SOLICITUDE:

Dende a publicación, 7 de decembro, ata o 16 de decembro de 2022 as 14:00h. a traves do seguinte formulario:

LISTAXE PROVISIONAL:

Publicarase o día 19 de decembro de 2022

SUBSANACIÓN DE ERROS:

Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 20 de decembro de 2022. As alegacións presentaranse no seguinte enderezo electrónico deportes@coruna.gal.

SORTEO

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, celebrarase un sorteo público, o 21 de decembro de 2022, ás 09:00 h., para establecer a orde de adxudicación de prazas, na páxina https://echaloasuerte.com ou a través do procedemento de insaculación. Orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. As persoas que non participasen en ningunha campaña de neve da Deputación da Coruña.
  2. O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público.

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A listaxe definitiva publicarase o día 22 de decembro de 2022 .

Todos os solicitantes que non obtivesen praza pasarán a formar parte da listaxe de agarda.

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS

Do 22 ao 28 de decembro de 2022 a través do correo electrónico deportes@coruna.gal deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña.

En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.

Para inscribirse será necesario: 

  1. Ficha de inscrición da Deputación da Coruña.
  2. Foto de carné.
  3. Fotocopia do documento de asistencia sanitaria.
  4. Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
  5. Xustificante de pago da cota (unha vez adxudicadas as prazas, informarase da conta onde se realizará o ingreso, no que se fará constar "CAMPAÑA DE NEVE 2022 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA" - CONCELLO DA CORUÑA e NOME da nena/o)
  6. No caso de tratamento específico ou doenza que sexa necesario ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Importante facer constar as alerxias alimenticias ou de calquera outro tipo.

OUTRAS DISPOSICIÓNS

Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.

As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.

Pode consultar as Bases completas no documento adxunto ao pé da páxina

Documentos relacionados

  • Autorización para a administración de medicación e información sobre alerxias (76 KB)
  • Listaxe Adxudicación de prazas_Orde número_Campaña Neve 2023 (215 KB)
  • Listaxe Adxudicación de prazas_Orde alfabética_Campaña Neve 2023 (219 KB)
  • Folla de inscrición - Campaña de neve 2023 (643 KB)
  • Listaxe definitiva Orde alfabética solicitudes admitidas_Campaña neve 2023 (207 KB)
  • Listaxe definitiva Orde número solicitudes admitidas_Campaña neve 2023 (206 KB)
  • BASES CONVOCATORIA_Campaña neve 2023 (149 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión