Listaxes definitivas e período de matrícula
Ábrese o prazo de solicitude para os cursos de golf do 1º trimestre do 2019, desde o día 5 ás 08.00 h ata o día 13 de decembro ás 14.00 h desde esta mesma páxina web ou no centro deportivo Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.
Dado que non houbo necesidade de realizar o sorteo para establecer a orde de matrícula, xa que non se superaron, procédese a publicar as listaxes definitivas das persoas solicitantes do curso de golf do 1º trimestre do ano, xaneiro, febreiro e marzo.
Pode consultalas presionando nas seguintes ligazóns, ou nos documentos adxuntos no pé da noticia:
Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 26 a 30 de decembro de 2018 de 09:00 a 21:30 h
Listaxes Provisionais
Publícanse as listaxes provisionais das persoas inscritas ao Curso de golf do 1º trimestre do ano, xaneiro, febreiro e marzo.
Pode consultalas presionando nas seguintes ligazóns, ou nos documentos adxuntos no pé da noticia:
Ábrese un prazo de emenda de 5 días naturais para que se poidan formular alegacións.
As ditas alegacións presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules de 09:00 a 21:30 h.
Sorteo público: no caso de ser necesario terá lugar o 20 de decembro de 2018, ás 09:00 h, nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor.
Convocatoria
Debe realizar a súa solicitude presionando na ligazón que está antes do cadro de horarios. Máximo: dúas solicitudes por persoa. (Anexo da convocatoria adxunto ao pé da noticia)
Franxas de idade:
Cadro de prazas e horarios
GRUPO | DÍAS | HORARIO | PRAZAS |
ADULTOS | LUNS E XOVES | 09:30 a 10:30 | 8 |
ADULTOS | LUNS E XOVES | 10:30 a 11:30 | 8 |
ADULTOS | LUNS E XOVES | 12:30 a 13:30 | 8 |
ADULTOS | LUNS E XOVES | 19:30 a 20:30 | 8 |
ADULTOS | LUNS E XOVES | 20:30 a 21:30 | 8 |
ADULTOS | MARTES E VENRES | 09:30 a 10:30 | 8 |
ADULTOS | MARTES E VENRES | 10:30 a 11:30 | 8 |
ADULTOS | MARTES E VENRES | 12:30 a 13:30 | 8 |
ADULTOS | MARTES E VENRES | 19:30 a 20:30 | 8 |
ADULTOS | MARTES E VENRES | 20:30 a 21:30 | 8 |
ADULTOS | SÁBADO E DOMINGO | 09:30 a 10:30 | 8 |
ADULTOS | SÁBADO E DOMINGO | 10:30 a 11:30 | 8 |
INFANTIL | LUNS E XOVES | 18:00 a 19:00 | 8 |
INFANTIL | MARTES E VENRES | 18:00 a 19:00 | 8 |
INFANTIL | SÁBADO E DOMINGO | 11:30 a 12:30 | 8 |
INFANTIL | SÁBADO E DOMINGO | 12:30 a 13:30 | 8 |
Tamén che pode interesar
23/11/2024
23/11/2024
23/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible