Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal

Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ámbito:

Estatal

  • Data de disposición: 21/12/2007
  • Data de publicación: 19/01/2008
  • Data de entrada en vigor: 19/04/2008

Páxina web:

https://www.boe.es/eli/es/rd/2007/12/21/1720/con

Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, vixencia establecida no Boletín Oficial do Estado e mentres non se derrogue na súa totalidade cun novo regulamento que desenvolva a vixente Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Co fin de garantir a necesaria seguridade xurídica nun ámbito tan sensible para os dereitos fundamentais como o da protección de datos, o lexislador declarou subsistentes as normas regulamentarias existentes e, en especial, os reais decretos 428/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Estatuto da Axencia de Protección de Datos, 1332/1994, do 20 de xuño, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro de regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal e 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, á vez que habilitou o Goberno para a aprobación ou modificación das disposicións regulamentarias necesarias para a aplicación e desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999.

Por outra banda, a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico e a Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións atribúenlle competencias en materia sancionadora á Axencia Española de Protección de Datos. Estas requiren de desenvolvemento regulamentario coa peculiaridade de que ambas as normas se ordenan á tutela non só dos dereitos das persoas físicas, senón tamén das xurídicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión