26 de agosto - Publicación da resolución definitiva Usos IDM-Tempada 2024/25
Procédese á publicación da resolución definitiva pola que se distribúen as horas de usos das instalacións deportivas municipais para actividades de adestramento, de acordo coa convocatoria pública do día 04.06.2024.
Aplicación:
Os usos concedidos estenderanse desde o 2 de setembro de 2024 (ou data da resolución, se esta fose posterior) ao 27 de xuño de 2025.
Documentos relacionados:
Instalacións UDC:
Non se inclúe a asignación de horas de uso nas instalacións da Universidade da Coruña, posto que está pendente a sinatura do correspondente Convenio.
31 de Xullo - Acta e Resolución provisional e Asignación Provisional de Usos das IDM Tempada 2024/25
Procédese á publicación da Acta e da Resolución Provisional da asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas para a Tempada 2024-25. Pode consultar a distribución de usos das IDM na seguintes ligazóns:
Prazo de Alegacións: Establécese un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación: do 1 ao 7 de agosto de 2024.
20 de Xuño - Requirimentos de emenda de documentación
Publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas á convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas de adestramento durante a tempada 2024-2025: Anuncio requirimentos de emenda
Prazo de presentación de emendas: 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación, é dicir, ata o 28.06.2024 (incluído)
Acceso á Sede Electrónica: Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente
Documentos relacionados:
CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADESTRAMENTO DURANTE A TEMPADA 2024-25
Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé da páxina:
QUEN PODE SOLICITALO?
Poderán solicitar, mediante este procedemento, o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:
PROCEDEMENTO
O procedemento polo que se lle distribuirán as horas de utilización privativa das instalacións deportivas municipais ás entidades solicitantes será o de concorrencia competitiva, mediante o cal se pretende garantir o reparto máis equitativo posible entre os/as solicitantes que presenten características similares.
A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo Municipal de Deportes, e a resolución ao concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, por delegación da Xunta de Goberno Local.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO
As entidades deberán solicitar as instalacións e os horarios que se axusten ás súas necesidades, atendendo á modalidade deportiva que se pode practicar en cada instalación e ao horario ofertado nesta convocatoria de acordo coa oferta de horas dispoñibles, a cal pode consultar a continuación:
As solicitudes presentaranse unicamente a través dun procedemento específico na Sede Electrónica no apartado correspondente á Convocatoria de Usos das Instalacións Deportivas Municipais, no prazo de DEZ (10) DÍAS NATURAIS (ATA O 15 DE XUÑO AS 23.59 H) desde o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web municipal de Deportes.
Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible