SCGAPORT
Presencial, Telemático
Sector público, Trámites e xestións
Si
Acto de trámite que consiste na achega de documentación e/ou alegacións a un expediente xa aberto, ben por iniciativa da persoa interesada ou como resposta a un requirimento previo do concello
Achega de documentación
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas interesadas no expediente de que se trate, ou ben aquelas ás que a Administración municipal lle solicitase a achega de documentos ao dito expediente.
Cubrir a solicitude. Imprimila se a presentación vai ser presencial, e achegar a documentación que se queira presentar.
Ningún
Non procede resolución, senón incorporación ao expediente correspondente
A cidadanía pode dirixirse por escrito ao concello cubrindo o modelo de solicitude xeral.
Para a corrección de documentación, como regra xeral o prazo de presentación será de 10 días hábiles que se contarán dende o día seguinte á notificación do requirimento de corrección da solicitude, sen prexuízo dos prazos concretos asignados pola lexislación específica.
No resto dos casos os interesados poderán aducir alegacións e achegar documentos ou outros elementos de xuízo en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia.
Dependerá do solicitado.
Documentos relacionados
Nas oficinas de rexistro municipais, con cita previa así como nos rexistros doutras administracións públicas estará dispoñible o formulario de solicitude xeral, que tamén pode descargar dende esta páxina.
Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Debe ter preparados os ficheiros que necesite para documentar a emenda ou achega de documentación que solicita.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Será necesario coñecer e achegar o número do expediente ao que a información achegada se vai engadir.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Non procede
Ao ser un acto de trámite, a presentación cusará os efectos correspondentes no expediente relacionado.
Outras versións
21/12/2024
21/12/2024
22/12/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible