6ª MESA DE AVALIACIÓN - CONVOCATORIA DE USOS IDM
Procédese á publicación da documentacion relativa á reunion da 6ª Mesa da prórroga da convocatoria de usos das instalaciónes deportivas municipais para a tempada 2023-2024, na que foron valoradas as renuncias e solicitudes de uso presentadas desde a mesa anterior.
27 DE FEBREIRO - 5ª MESA DE AVALIACIÓN - CONVOCATORIA DE USOS IDM
Procédese á publicación da acta da 5ª Mesa da prórroga da convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais para a tempada 2023-2024, na que foron valoradas as solicitudes de usos do novo Campo Municipal de Fútbol de Eirís (Lamadosa).
1 DE FEBREIRO - 4ª MESA DE AVALIACIÓN - CONVOCATORIA DE USOS IDM
Procédese á publicación da documentacion relativa á reunion da 4ª Mesa da prórroga da convocatoria de usos das instalaciónes deportivas municipais destinadas a actividade física e adestramentos para a tempada 2023-2024, na que foron valoradas as infrautilizacións, as renuncias e as solicitudes presentadas desde a mesa anteior:
28 DE NOVEMBRO - 2ª MESA DE AVALIACIÓN - RESOLUCIÓN DA PRÓRROGA IDM
Procédese á publicación da acta e a distribución resultante da reunion da 3ª Mesa da prórroga da convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais destinadas a actividade física e adestramentos para a tempada 2023-2024, na que foron valoradas as renuncias e as solicitudes presentadas desde a mesa anteior:
7 DE NOVEMBRO - 2ª MESA DE AVALIACIÓN - RESOLUCIÓN DA PRÓRROGA IDM
Procédese á publicación da acta e a distribución horaria, resultante da reunión da 2ª Mesa, da prórroga da convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais destinadas á actividade física e adestramentos para a tempada 2023-2024, na que foron valoradas as renuncias e solicitudes presentadas desde a resolución da dita prórroga:
20 DE OUTUBRO - 1ª MESA DE AVALIACIÓN - PRORROGA DA CONVOCATORIA DE USOS IDM
Resolución de prórroga de usos concedidos da convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais destinadas a actividade física e adestramentos. Tempada 2023-2024
Pode consultar o Decreto de resolución da prórroga da convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais destinadas a actividade física e adestramentos para a tempada 2023-2024 (DEC/AYT/7135/2023 do 19/10/2023), así como o seu anexo coa distribución horaria correspondente, nas seguintes ligazóns:
27 DE XULLO - PRÓRROGA DE USOS CONCEDIDOS PARA A TEMPADA 2023-2024
Na tempada 2022-2023 aprobouse unha convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais que, posteriormente, sufriu algunhas modificacións en función dos usos e necesidades dos clubs e entidades deportivas da cidade. Para a tempada 2023-2024, en tanto non se dispoña de máis instalacións deportivas municipais e co fin de facilitar que as entidades poidan marcar un calendario para os seus adestramentos, a partir do mes de setembro, vaise a prorrogar a convocatoria de usos das IDM baseándose na última repartición publicada na páxina web de Deportes o día 27.02.2023.
Decreto prórroga usos IDM tempada 2023-24
Esta prórroga inclúe non só o uso das IDM do Concello da Coruña e que son xestionadas directamente, senón tamén as da Universidade da Coruña (UDC) e a Deputación da Coruña, cuxos usos ten cedidos o concello en virtude do convenio de colaboración asinado entre ambas as entidades. Os usos están destinados a adestramentos deportivos e actividade física. Ditos usos faranse nas condicións fixadas pola Convocatoria e Instrución da tempada 2022-2023, que se pode consultar ao final desta páxina.
Os usos prorrogados son os correspondentes á última repartición acordada e publicado na web de Deportes o día 27.02.2023, e terán efecto a partir do 4 de setembro de 2023. Pódense consultar na seguinte ligazón:
Para facer efectiva a prórroga, as entidades deberán presentar a documentación preceptiva indicada na Convocatoria de usos 2022-2023 así como na Instrución da dita tempada, co fin de que poidan facer uso das instalacións deportivas.
Declaración responsable prórroga usos IDM tempada 2023-24
PARA ENTIDADES DE NOVA CREACIÓN OU NOVAS PETICIÓNS
As entidades de nova creación, aquelas que non obtiveron usos na anterior convocatoria ou aquelas que dispoñen de usos pero que presentan algunha variación dos criterios obxecto de baremación e que queiran poñelo de manifesto, poderán alegar contra dita prórroga.
Poderán outorgarse novos usos a aquelas entidades que se constituíron durante a tempada 2022-2023 e que por tanto non puideron participar na convocatoria, a condición de que se dispoña de horas en instalacións deportivas e a condición de que as entidades cumpran os requisitos para participar na Convocatoria que se prorroga (punto 5). A repartición, de ser o caso, realizarase previa deliberación por parte da Mesa de Valoración, respectando os criterios establecidos no punto 6 e baixo a baremación do punto 7 da Convocatoria 2022-2023.
As horas distribuiranse de luns a venres, como norma xeral, e naquelas instalacións sinaladas durante o fin de semana, sempre respectando as reservadas pola Concejajía de Deportes para o desenvolvemento das súas actividades e Escolas Deportivas así como as repartidas na última distribución de usos.
PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS
As alegacións presentaranse a través da sede electrónica no prazo de QUINCE (15) días naturais desde o día seguinte á publicación da resolución de prórroga na páxina web municipal de Deportes. É dicir, do 28 de xullo ao 11 de agosto de 2023, ambos incluídos.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible