O Concello da Coruña ten como finalidade fomentar a maior participación posible da cidadanía na vida política, social, económica, cultural e deportiva, xa sexa por si mesma ou por medio de representantes.
O dereito á participación está recollido na Constitución Española de 1978. No caso concreto dos municipios, o dereito de participación faise máis factible por tratarse dunha Administración cunha relación máis próxima á cidadanía.
A cidadanía debe participar activamente na xestión municipal, contribuíndo ao presente e futuro da cidade, o que xa viña facendo a través da acción voluntaria, promovendo a solidariedade entre a vecinanza coruñesa e un concepto de cidadanía activa, e converterse en protagonista e axente de cambio social.
O dereito de participación pódese facer efectivo a través de varios mecanismos e no ámbito deportivo a creación do Consello Municipal de Deportes constitúe un paso importante para facer efectiva a participación dos veciños e das veciñas da Coruña na vida pública local.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible