Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Resolución definitiva - Subvencións para Entidades Deportivas 2022

Procédese á publicación da proposta de resolución definitiva da convocatoria de subvencións para entidades deportivas 2022.

Pode consultar o anuncio da publicación no BOP na seguinte ligazón:

Anuncio resolución DEFINITIVA da Convocatoria de Subvencións para entidade deportivas - 2022

No caso de subvencións concedidas, o prazo de aceptación ou renuncia da subvención é de cinco días hábiles desde o seguinte ao de publicación no BOP (23 de xuño de 2022), é dicir, do 27 de xuño ao 1 de xullo de 2022, ambos inclusive. Transcorrido ese prazo sen producirse a renuncia expresa, a subvención entenderase aceptada tacitamente.

Proposta de Resolución provisional - Subvencións para Entidades Deportivas 2022

Procédese á publicación da proposta de resolución provisional da convocatoria de subvencións para entidades deportivas 2022 que vos enviamos inserida, así como o anuncio de publicación na sede electrónica.

Pode consultar o anuncio na sede electrónica na seguinte ligazón:

Proposta de Resolución PROVISIONAL da Convocatoria de Subvencións para entidades deportivas - Exercicio 2022

O prazo de alegacións é de 5 días naturais desde o seguinte ao da súa publicación, é dicir, do 3 ao 9 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

As alegacións poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello da Coruña ou, en calquera caso, por medios electrónicos, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Requirimento de corrección de documentación

BOP número 43 de 04/03/2022

Publícase o requirimento de subsanación das solicitudes da convocatoria de subvencións para entidades deportivas correspondente o ano 2022.

O prazo para presentar a documentación emendada é de 10 días hábiles seguintes a partir da publicación, é dicir, do 7 ao 18 de marzo, ambos inclusive.

BOP número 43 de 04 de marzo de 2022

Pode descargar o documento nos arquivos adxuntos.

A documentación deberá ser presentada a través da sede electrónica do Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, utilizando o procedemento " Achega de documentación e/ ou alegacións a un expediente" e citando o número de expediente (indícase na publicación no BOP) na seguinte ligazón:

/sede/gl/detalle/achega-de-documentacion-e-ou-alegacions-a-un-expediente/contido/1453748708796

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión