Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Leo e as cores", de Trémola Teatro

Actividade teatral para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

19/03/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/03/2024 ata o 19/03/2024

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

40 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

30 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha choiva de pompas quítalles ao Elefante Ante e á Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda, de devolverlles as cores aos seus amiguiños? A través de diferentes elementos sensoriais, Leo axudaranos a coñecer e gozar das cores.

Un espectáculo para as e os máis peques da casa, que gozará toda a familia.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:

Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión