Música dedicada aos animais
Familias, Infancia
07/05/2024
Xa rematou
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
55 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Estreamos o novo espectáculo de Paco Nogueiras que dedica aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.
Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, con plumas, con rabo..., todos especiais e diferentes. E todos co seu son. O bruar dunha vaca, o miañar dun gato, o ladrar dun can, o cacarexar dunha galiña ou o zunido do mosquito convértense en divertidas cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock.
Preparémonos para cantar como animais, pois o gran son dos nosos amigos animais está a piques de comezar a soar.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible