Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2024

«Biosfera oscura», novo programa de Planetario na Casa das Ciencias

A estrea terá lugar o venres 31 de maio ás 18.00 horas, e incorpórase á carteleira para partir do sábado 1 de xuño.

A Casa das Ciencias da Coruña presenta un novo programa de Planetario, «Biosfera oscura», un audiovisual que nos leva ás profundidades da cortiza terrestre para coñecer as formas de vida máis extremas do planeta. A historia lévanos ás fronteiras do coñecemento nunha viaxe desde o interior da Terra ata os confíns da nosa galaxia, na procura de respostas á gran pregunta: hai vida máis aló da Terra?

«Biosfera oscura» está dirixida por Javier Bollaín e conta coa voz de Viggo Mortensen como narrador. Para o desenvolvemento do programa contouse coa colaboración técnica da Casa das Ciencias da Coruña, os planetarios de Madrid, Pamplona e Douai (Francia), ademais da participación do Parque das Ciencias de Granada, o Museo da Ciencia Cosmocaixa (Barcelona) e da Casa da Ciencia de Sevilla.

O programa conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e o apoio de prestixiosas institucións como o Centro de Astrobioloxía (CAB, CSIC-INTA), a Axencia Europea do Espazo (ESA), o Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) e o Instituto Europeo de Astrobioloxía (EAI).

Programación de Planetario

A partir do sábado 1 de xuño, coincidindo co aniversario da apertura da Casa das Ciencias (1 de xuño de 1985), «Biosfera oscura» incorpórase á carteleira do Planetario, que terá a seguinte programación:

  • 11:30 h. Biosfera oscura (+ 10 anos, castelán)
  • 13:00 h. Dinosauros, unha historia de supervivencia (+ 7 anos, galego)
  • 17:00 h. Hazelnuts, na procura do planeta perfecto (de 4 a 7 anos, galego)
  • 18:00 h. Programa en directo sobre o ceo desta época do ano (+10 anos, cast/gal)

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión