1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
O tanque cilíndrico da sala Maremagnum aloxa desde hai uns días unha vintena de luras, da especie Loligo vulgaris, que foron capturadas con potera polo equipo de bioloxía mariña do Aquarium Finisterrae na entrada da ría coruñesa, na zona entre a Guisanda e o porto de Oza.
Esta captura foi posible grazas ás boas condicións do mar durante as saídas e á existencia de cardumes de sardiñas, unha das especies das que se alimentan as luras, o que incrementou a súa presenza nestas zonas.
Unha vez capturadas e trasladadas ao Aquarium, mantivéronse nun tanque na área de corentena, onde se adaptaron con rapidez, para despois levalos ao tanque cilíndrico onde o público pode observalos.
A lura, Loligo vulgaris, é un molusco cefalópodo que se distribúe no Atlántico oriental, desde o Mar do Norte e Illas Británicas ata o suroeste de África e o Mediterráneo, a unha profundidade de ata 500 metros. Aliméntanse de peixes e crustáceos, os exemplares adultos teñen un talle entre 12 e 48 centímetros no caso dos machos e de 16 a 40 centímetros as femias, e viven unha media de 1 ano.
Unha das súas características máis rechamantes é a súa capacidade de cambiar de cor, que realizan grazas á existencia duns órganos especializados no seu manto, os cromatóforos. Estes cambios de cor permítenlles camuflarse ante as súas presas e os seus depredadores, e sérvenlles tamén como medio de comunicación entre eles.
Outra das súas curiosidades é que posúen tres corazóns, un para bombear sangue a todo o corpo e dous cara ás branquias.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
4 de novembro de 2024
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible