6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
O Aquarium Finisterrae recibiu un valioso exemplar da primeira edición da novela «20.000 leguas de viaxe submarina» escrito por Xulio Verne en 1869. Trátase dunha publicación en castelán da que só hai 12 exemplares catalogados en todo o mundo.
Este libro expoñerase na sala Nautilus do acuario coruñés para divulgar a relevancia do seu contido desde unha perspectiva histórica e educativa. Servirá para profundar nas perspectivas culturais que caracterizan os contidos da Sala Nautilus, xa que ademais dun relato de ciencia ficción, o libro é tamén unha obra de divulgación científica dun dos pioneiros deste xénero literario. De feito, nas súas páxinas pódense ler descricións de seres vivos, instrumentos científicos, fenómenos naturais e noticias sobre os descubrimentos da época. Tamén inclúen predicións sobre o futuro tecnolóxico da humanidade e reflexións sobre as implicacións éticas do progreso científico, tan oportunas entón como na actualidade.
A novela é a referencia que seguiu o Aquarium Finisterrae para transformar o seu oceanario nun exercicio de imaxinación que converte a súa sala de observación no Nautilus e onde se recrea o escenario desde onde o capitán Nemo gobernaba o seu submarino. Por iso na sala exponse unha colección de obxectos orixinais da segunda metade do século XIX e que, dunha ou outra forma, teñen relación con este personaxe. A mostra inclúe un cabeiro de narval, unha diversidade de cunchas como as de tridacna, nautilus, anteollos, aparellos náuticos e científicos, cartas de navegación e obxectos que calquera lector atento poderá recoñecer.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible