21 de outubro de 2020
O xurado, reunido entre os días 13 e 20 de outubro, outorgou os Prismas de Bronce nas 8 categorías do premio.
• Mellor novo medio: Maldita ciencia. Unha web que proporciona información responsable, rigorosa e áxil sobre temas científicos da máxima actualidade.
• Mellor libro editado: Ciencia sin ficción, de Jesús Méndez, Pere Estupinyá, Javier Salas, Sergio C. Fanjul, Belén Gopegui, editado por Debate. Un libro que abre fronteiras para narrar historias de ciencia con artes literarias e facer literatura marcada pola ciencia sen necesidade de inventar outros mundos.
• Mellor texto inédito: Expedición al volcán de sal, de Silbia López de Lacalle. Unha obra que xunta as perspectivas da xeoloxía e da arte para narrar unha expedición ao volcán Dallol, que alberga un sistema hidrotermal único.
• Mellor artigo xornalístico: La vida secreta de los árboles, de Laura González de Rivera, publicado por . Muy Interesante. Un artigo que descobre unha perspectiva sorprendente do mundo vexetal, convidando a pensar no bosque como un grande organismo interconectado.
• Mellor traballo en vídeo: Des-Extinción, de Alfonso Par, para Turkana Films e emitido en TVE, un documental sobre a posibilidade de recuperar especies extinguidas.
• Mellor traballo en radio: La maravillosa química de las cosas cotidianas, de Antonio Rivera, emitido en "A ciencia cierta" de CV Radio. Un programa sobre como a química está presente en moitas das nosas actividades cotiás.
• Mellor proxecto singular: PDICiencia, de Diego Ortega Alonso e a Asociación de Familiares e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual. Unha iniciativa que aposta radicalmente pola diversidade e a inclusión, dándolles un papel protagonista ás persoas con discapacidade intelectual.
Ademais, de maneira excepcional, o xurado decidiu deixar deserto o Prisma Especial do Xurado, tendo en conta que non é posible premiar a Francisco Javier Novelle Secades por falecer despois da presentación da súa candidatura. O xurado destaca "o seu traballo na promoción da cultura científica desde unha asociación de carácter cívico, e en particular a organización durante 25 anos do Día da Ciencia na Rúa e a súa contribución como valioso e pioneiro referente, ao desenvolvemento das feiras científicas escolares en España".
Tamén se decidiu outorgar as seguintes mencións honoríficas:
- Na modalidade de libro editado: Orgas(mitos), de Laura Morán Fernández, editado por Next Door Publishers.
- Na modalidade de proxecto singular: Estrela Rosalía, da Agrupación Astronómica Coruñesa Io.
Os premios Prismas son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todas e todos os profesionais que traballan neste campo.
Composición do xurado:
- Presidenta: Pilar Perla Mateo, coordinadora do suplemento Tercer Milenio de Heraldo de Aragón e das Xornadas de Divulgación Innovadora D+i.
Estivo composto ademais por:
- Lucas Sánchez Sampedro (director de Scienseed)
- Laura Chaparro Domínguez (xornalista científica)
- Susana Ladra González (profesora da UDC)
- Joana Cristina Silva Magalhaes (investigadora do INIBIC e comunicadora científica)
- David Ballesteros Álvarez (divulgador científico, responsable creativo en Ceo Aberto SL)
Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible