Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2022

Veredicto do xurado dos Prismas á Divulgación 2022

Outorgáronse os Prismas de Bronce en sete das categorías do premio.

O xurado, reunido entre os días 23 e 24 de setembro, decidiu outorgar os Prismas de Bronce aos seguintes traballos:

  • Mellor traballo en vídeo: Camino a Congreso, unha webserie do IAA-CSIC, por unha ficción audiovisual de gran calidade técnica que retrata con humor a cotiandade nun equipo científico.
  • Mellor novo medio: Yonki Books, de Oihan Iturbide, por achegar recursos de gran calidade, con riqueza de formatos e perspectivas, sobre as adiccións, un problema arrodeado de estigmas e prexuízos.
  • Mellor libro editado: Acoso, de Ángela Bernardo Álvarez en Next Door Publishers, por presentar unha investigación rigorosa sobre o acoso, un problema de gran transcendencia que afecta aos dereitos fundamentais das persoas que fan ciencia.
  • Mellor artigo xornalístico: Historia de un secuestro genético: así fue como una mosca robó "superpoderes" a una planta, de Jesús Méndez González en Axencia SINC, por converter unha investigación de ciencia básica e moi pouco coñecida nunha historia fascinante de gran calidade xornalística.
  • Mellor traballo en radio: La lupa sónica, un podcast de María Teresa Pérez Cidoncha e Xaviera Torres Joerges, por achegar a ciencia á infancia cun estilo innovador e un deseño sonoro de gran calidade.
  • Mellor proxecto singular: Dones de ciencia, promovido pola Universidade Politécnica de Valencia, por visibilizar a científicas contemporáneas nun proxecto de amplo alcance que combina arte e ciencia coa participación da cidadanía.

Ademais, o xurado decidiu outorgarlle o Prisma Especial do Xurado a Enrique Pérez Montero, investigador do IAA-CSIC, por promover unha divulgación que achega a ciencia ás persoas con discapacidade visual e lle fai reflexionar ao conxunto da sociedade.

Decidiuse outorgar tamén as seguintes mencións honoríficas:

Ademais, o xurado decidiu declarar deserto o Prisma ao mellor texto inédito.

Composición do xurado:

Presidenta: Pampa García Molina, xornalista científica, coordinadora do Science Media Centre España.

Estivo composto ademais por:

María Viña Rebolledo, xefa de sección técnica do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía)

Núria Jar Benabarre, xornalista científica.

Isidora Fernández Bañados, creative engagement specialist en Science for Change.

Félix Sánchez-Tembleque Díaz-Pache, técnico superior no CITEEC- Universidade da Coruña.

Iván Rodríguez Arós, artista especializado en divulgación científica en Divulgare-Universidade de Vigo.

Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión